Castelo de Brandufe

Coordenadas: 42°55′12.60″N 9°3′17.80″O / 42.9201667, -9.0549444

O castelo de Brandufe, tamén coñecido como castelo Grande ou castelo da Ruña, é un castelo galego que se atopa en situación ruinosa no lugar de Monteagudo parroquia de Colúns do concello coruñes de Mazaricos.

Castelo de Brandufe
ConcelloMazaricos
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (séculos VI-XII)
Estado actualruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Trátase dun castelo altomedieval situado nos montes da Ruña, no Alto das Barreiras a 643 m de altitude. O castelo non se sitúa no promontorio máis alto (Castelo Pequeno - 646 m) para poder manter unha liña de visión directa co Monte Pindo. O castelo conta cunha muralla defensiva e un foxo escavado en rocha viva.[1]

Notas editar

  1. Manuel Gago (1/12/2013). "Repúblicas de homes libres: o castelo de Brandufe e os "ollos do mar"". Capítulo Cero. Consultado o 9/8/2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar