A Casa da Música é a principal sala de espectáculos de Porto. Foi proxectada polo arquitecto holandés Rem Koolhaas e construída como parte do proxecto Porto Capital Europea da Cultura en 2001 (Porto 2001). Malia que a súa construción non foi rematada ata o 2005, axiña se converteu nunha icona da cidade.

Casa da Música
Casa da Música na noite da inauguración
Coordenadas41°09′32″N 8°37′51″O / 41.158886111111, -8.6307111111111Coordenadas: 41°09′32″N 8°37′51″O / 41.158886111111, -8.6307111111111
editar datos en Wikidata ]

Construción editar

 
Vista interior do auditorio

A Casa da Música foi construída a carón dun dos principais eixos de tráfico do centro da cidade, a Rotonda da Boavista. O lugar onde está actualmente o edificio era usado para recollida e reparación dos tranvías da cidade. Se ben proxecto excedeu os catro anos estimados para a súa construción, e os custos ascenderon a aproximadamente 100 millóns de €, o proceso de construción trouxo novos desafíos á enxeñería coa fin de conseguir a forma insólita do edificio. Os traballos de enxeñería estiveron a cargo das empresas Ove Arup de Londres e Afassociados de Porto.

Críticas dos especialistas editar

 
Concerto de Einstürzende Neubauten, maio de 2008.

A arquitectura do edificio foi aclamada internacionalmente. Nicolai Ouroussoff, crítico de arquitectura do New York Times, clasificouno como "o proxecto máis atraente que o arquitecto Rem Koolhaas construíu" e como "un edificio cun ardor intelectual combinado coa súa beleza sensual". Comparouno tamén "co exuberante proxecto" do Museo Guggenheim de Bilbao do arquitecto Frank Gehry en Bilbao. "Mirando simplemente o aspecto orixinal do edificio, verifícase que esta é unha das máis importantes salas de espectáculos construída nos últimos 100 anos", comparándoa coa sala de espectáculos de Walt Disney, nos Ánxeles, ou co auditorio da Berlim Philharmonic.

Inauguración editar

Malia que o primeiro concerto foi o día 14 con Clã e Lou Reed, o espazo foi inaugurado o 15 de abril de 2005 polo Presidente da República Jorge Sampaio. O Primeiro Ministro, políticos, e a sociedade de Porto estiveron presentes no concerto dado pola Orquestra Nacional do Porto.

Funcionalidade editar

A Casa da Música posúe dous auditorios principais, se ben outras áreas do edificio poden ser adaptadas para concertos ou espectáculos (oficinas, actividades educativas etc).

  • O auditorio grande ten unha capacidade inicial para 1.238 persoas, mais pode variar de acordo coa ocasión.
  • O auditorio pequeno é flexible, non sendo publicitado un número fixo de lugares, aínda que se pode definir unha media de 300 persoas sentadas e 650 de pé, dependendo do tamaño e da localización do palco, da disposición das cadeiras, da presenza e do tamaño do equipamento de son e de gravación etc.
  • Na parte superior do edificio existe un terceiro espazo para espectáculos, con capacidade para 250 persoas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • MANAIA, Mário, "A Casa e a Música: Reflexões deambulatórias em torno da Casa da Música", Prova Final de Licenciatura apresentada ao Departamento de Arquitectura da F.C.T. da Univ. de Coimbra.

Ligazóns externas editar