A Carta de Atenas é un manifesto urbanístico redactado no IV Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM) celebrado a bordo do Patris II en 1933 na ruta Marsella-Atenas-Marsella (o congreso non puido celebrarse en Moscova por problemas cos organizadores soviéticos), publicado en 1942 por Le Corbusier.

A Carta de Atenas apusta por unha separación funcional dos lugares de residencia, lecer e traballo en oposición ó carácter e a densidade da cidade tradicional. Neste tratado proponse a colocación dos edificios en amplas zonas verdes pouco densas. Estas ideas tiveron unha grande influencia no planeamento das cidades europeas trala segunda guerra mundial e no deseño de Brasilia.

Cidade editar

O problema da cidade abórdase dende a zonificación en función dos usos e as necesidades da sociedade moderna: habitar, circular, traballar e o lecer.

Vivenda editar

As ideas en torno á vivenda foron:

  • A vivenda debe ter primacía sobre o resto de usos.
  • A hixiene é fundamental na concepción das vivendas.
  • A relación vivenda/superficie vén determinada polas características do terreo en función do soleamento.
  • Cómpre evitar a disposición de vivendas ó longo das vías de comunicación.
  • A solución son vivendas en altura separadas entre elas a distancia necesaria para a construción de grandes superficies verdes.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar