Carta a unha profesora

Carta a unha profesora (no orixinal en italiano Lettera ad una professoressa) é un libro de pedagoxía emancipadora escrito por alumnos da Escola de Barbiana.

Temática editar

Explica os inicios da Escola ó mesmo tempo que formula unha crítica construtiva á escola tradicional italiana, definida como "un ospedale che cura i sani e respinge i malati" (un hospital que cura ós sans e empeora ós enfermos). Critica a falta de preocupación polos rapaces con dificultades, mentres que se favorecía ós rapaces cunha formación familiar anterior, clase esta personificada en "Pierino del dottore" (un típico rapaz, fillo dun profesional de clase alta, que xa sabía ler ó chegar á escola).

Tradución ao galego editar

Traduciuno ao galego Carlos Acevedo en 2019 na editorial Kalandraka.[1]

Notas editar

  1. Daniel Salgado (11 de febreiro de 2019). "Libros para educar na emancipación". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2019. )