Carreira Nova York-París de 1908

A Carreira Nova York París de 1908 foi unha competición automobilística consistente en que os pilotos intentaban viaxar de Nova York a París. Este foi un reto importante dado o estado da tecnoloxía do automóbil e as infraestruturas de estradas do momento. Só tres dos seis participantes completaron a carreira. O gañador foi o equipo de Estados Unidos, pilotando un Thomas Flyer de 1907.

Mapa do percorrido
Coches na liña de saída
Coche Dedion en Utica
Os gañadores da carreira

En 1907, a carreira Pequín - París inspirou nunha proba aínda máis audaz para estas novas máquinas. Ao ano seguinte, a carreira sería de Nova York, EE.UU., a París, Francia cunha travesía en barco de 240 km. a través do Estreito de Bering desde Nome ata Cabo Leste, Siberia. Hai que recordar isto era nun momento en que "o automóbil era a cousa máis fráxil e caprichosa na terra.".[1]

A carreira editar

Foi en Times Square o 12 de febreiro de 1908 cando seis coches que representan a catro países partiron da liña de saída para o que se convertería nun calvario de 169 días. Ondeaban as bandeiras nacionais de Alemaña, Francia, Italia e Estados Unidos, co Protos en representación a Alemaña, o Zust representando a Italia, tres coches (De Dion-Bouton, Motobloc e Sizaire-Naudin) en representación de Francia, e o Thomas Flyer que competía polos Estados Unidos. Ás 11:15 AM un disparo dunha pistola con baño de ouro marcou o inicio dunha carreira ao redor do mundo, nesta novedosa forma de transporte. Por diante os competidores tiñan moi poucos camiños pavimentados, e en moitas partes do mundo nin existían as estradas. A miúdo, os equipos percorreron as vías do ferrocarril cos seus coches dacabalo das travesas do ferrocarril circular durante centos de quilómetros onde non existían estradas.

O estadounidense Thomas Flyer estaba á cabeza cando chegaron a San Francisco logo de cruzar os Estados Unidos[2] n 41 días, 8 horas e 15 minutos. Era a primeira vez que un automóbil cruzaba os EE.UU. no inverno.

Logo a ruta levounos a Valdez, Alaska por barco. O equipo Thomas atopou condicións imposibles en Alaska, e a carreira foi desviada a través do Pacífico en buque de vapor a Xapón, onde os americanos fixeron o seu camiño a través do Mar do Xapón. Logo foron a Vladivostok, Siberia por barco para comezar a cruzar os continentes de Asia e Europa. De feito só tres dos competidores pasaron máis aló de Vladivostok, o Protos, o Zust e o Flyer.

A tundra de Siberia e Manchuria era unha lameira sen fin, co desxeo da primavera era difícil facer progresos. En varios puntos, o avance mediuse a miúdo en metros no canto de quilometros por hora. Co tempo, os camiños melloraban a medida que se achegaban a Europa e o Thomas chegou a París o 30 de xullo de 1908 a gañando a carreirar. Os alemáns chegaron a París catro días antes, pero foron penalizados cun total de 30 días por non ir a Alaska, e por transportar o Protos parte do camiño nun vagón de ferrocarril. Iso deulle a vitoria aos estadounidenses con George Schuster (o único americano que cubríu toda a distancia entre Nova York e París))[3] por 26 días. Os italianos chegaron máis tarde, en setembro de 1908.

A carreira foi de interese internacional con cobertura diaria na primeira páxina do The New York Times (un dos patrocinadores da carreira co diario parisiense Le Matin). A importancia do evento estendeuse moito máis alá da carreira en si. Xunto coa Pequín - París a carreira que tivo lugar o ano anterior, estableceuse a fiabilidade do automóbil como medio de transporte fiable, co tempo o automóbil pasou de ser unha diversión dos ricos a unha forma segura e viable de transporte de masas a longa distancia. Tamén deu lugar á petición da mellora das estradas que se construirán en moitas partes do mundo.

O gañador o piloto George Schuster foi incluído no Automotive Hall of Fame o 12 de outubro de 2010.

Filmes editar

  • Un documental de TV de 2008 The Greatest Auto Race on Earth conta en detalle a épica historia da carreira Nova York-Paris de 1908.
  • O filme de 1965 A carreira do século está baseado libremente nos acontecementos da carreira Nova York-París de 1908.
  • Wolfgang Ettlich (Dir.): Hat der Motor eine Seele? 1908 im Auto um die Welt. Arquivado 12 de outubro de 2010 en Wayback Machine. (2008, en alemán) 86 min. (en galego, Ten alma un motor? Ó redor do mundo en coche en 1908.)

Notas editar

  1. London Daily Mail, 1908.
  2. Schuster & Mahoney. The Longest Auto Race (New York: The John Day Company 1966), p.71.
  3. Clymer, Floyd. Treasury of Early American Automobiles, 1877-1925 (New York: Bonanza Books, 1950), p.115.

Literatura editar

Fontes editar