Carpe

especie de planta

O carpe europeo, tamén coñecido simplemente coma carpe[1] Carpinus betulus é un Carpinus nativo do oeste, centro e sur de Europa, estendéndose dende o oeste de Rusia e Ucraína. Require dun clima temperado para un bo crecemento, só medrando por riba dos 600 msnm. Crece mesturándose con carballos, e nalgunhas áreas con faias. É unha árbore común en bosques degradados. En Galiza non é común.

Descrición editar

É unha arboriña miúda ou mediana que adoita acadar os 15–25 m, raramente 30 m, cun toro torto. A casca é grosa, averdada cinsenta, aínda que nos vellos (véxase na foto): aseméllase á da faia, mais ten a miúdo costelas. Os gomos, a diferenza dos Fagus, non teñen máis dun cm de lonxitude, e presionados cara ás ás. As follas son alternas, de 4–9 cm longo, con prominentes veas dando un engurrado distintivo, e marxes serrados; aseméllanse ás do umeiro mediterráneo (Ulmus minor), mais son simétricas (véxase na foto). As xemas son alternas e afusadas (véxase na foto), porén menos cás da faia. As flores aparecen en candeas aló polo mes de maio trala saída das follas. O froito é unha pequena e longa noz de 7–8 mm lonxitude, parcialmente envolta por trifoliolos, o invólucro de 3–4 cm lonxitude; madura polo outono. As sementes frecuentemente non xermolan até a primavera do segundo ano logo da sementeira. É un prolífico sementeiro e ten unha vizosa rexeneración natural.

A madeira é mesta e dura, empregada para trebellos e material de construción.

Ecoloxía editar

Gosta dos terreos sombrizos, e prefire moderada fertilidade do solo e de humidade. Ten un sistema radicular escaso en profundidade mais moi espallado superficialmente, e produce moitos fillos cando se talla baixo. Ten unha follaxe mesta.

Hai un número de notábeis bosques onde esta especie é a dominante:

 
Froito
 
A casca é cinsenta e lisa, semella a da faia, mais pode ter costelas
 
As follas aseméllanse ás do ulmeiro mediterráneo (Ulmus minor), porén son simétricas. As xemas son alternas e afusadas, mais menos que as da faia.

Propiedades editar

Principios activos: Tanino, sales, resina.[2]

Indicacións: Estíptico, adstrinxente, vulnerario, pectoral, expectorante, antitusivo. A auga destilada, preparada a partir das follas, úsanse coma colirio.[2]

Úsanse especialmente as follas e a casca. Apáñase en agosto. Decocción de casca(expectorante): 10-15 g. por cunca.

Outros usos: Ornamental. A madeira, branca e mesta, tense usado para a fabricación de pasta de papel, pezas de pianos, parqués, tacos de billar etc.[2]

Sinonimia editar

Notas editar

  1. Nome vulgar preferido en galego Termos Esenciais de Botánica Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. 2,0 2,1 2,2 "Carpinus betulus". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2009. 
  3. "Carpinus betulus L.". www.catalogueoflife.org. Consultado o 2022-03-02. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar