Carlos I de Romanía

Rei de Romanía
(Redirección desde «Carol I de Romanía»)

Carol I de Romanía, nado o 20 de abril de 1839 e finado o 10 de outubro de 1914, foi un príncipe alemán, elixido Domnitor ou príncipe de Romanía en abril de 1866 tralo derrocamento de Alexandru Ioan Cuza (Alexandre Xoán Cuza), e rei o 26 de marzo de 1881. Foi o primeiro rei da dinastía Hohenzollern-Sigmaringen, que gobernaría o país até a proclamación da república en 1947.

Carlos I de Romanía
Rei de Romanía
Carlos I de Romanía.

Reinado22 de maio de 1866
10 de outubro de 1914
Nome completoCarlos Eitel Federico Ceferino Luis de Hohenzollern-Sigmaringen
Outros títulosPríncipe de Romanía
(1866-1881)
Nacemento20 de abril de 1839
Sigmaringen (Hohenzollern-Sigmaringen)
Falecemento10 de outubro de 1914
Bucarest, Romanía Romanía
PredecesorAlexandru Ioan Cuza
SucesorFernando I
ConsorteIsabel de Wied
DescendenciaMaría de Romanía
Casa realCasa de Hohenzollern-Sigmaringen
Himno realTrăiască Regele
ProxenitoresCarlos Antonio de Hohenzollern-Sigmaringen
Xosefina Federica de Baden

Escudo de Carlos I de Romanía
Na rede
WikiTree: Hohenzollern-Sigmaringen-13 Find a Grave: 7989372 Editar o valor em Wikidata

Durante o seu reinado dirixiu persoalmente as tropas romanesas na Guerra Ruso-Turca, tomando o mando das tropas ruso-romanesas no sitio de Pleven. Grazas a esta guerra Romanía logrou plena autonomía do Imperio Otomán (Tratado de Berlín de 1878). Entón Romanía viuse obrigada a renunciar a favor do Imperio Ruso aos tres distritos do sur de Besarabia, mais recibiu en troques o norte de Dobruia. Ampliou o seu territorio ao adquirir o sur de Dobruia de Bulgaria en 1913. A vida política interna, aínda dominada polas grandes familias de terratenentes, organizados nos partidos rivais Liberal e Conservador, foi marcada por dous levantamentos campesiños: un no sur de Valaquia, en abril de 1888, e outro no norte de Moldavia, en marzo de 1907.

Casou con Isabel de Wied en 1869, da que tivo unha filla, María, morta con apenas tres anos.

A falta de descendencia directa de Carlos deixaba ao seu irmán Leopoldo sucesor ao trono. En outubro de 1880 Leopoldo rexeitou o seu dereito a favor do seu fillo Guillerme, quen á súa vez rexeitou oito anos despois a favor do seu irmán máis novo, o futuro rei Fernando.

A primeira guerra mundial editar

 
Monograma.
 
Enterro do rei.

Coa tensión crecente tralo asasinato do herdeiro ao trono austrohúngaro pola intención cada vez máis clara de Austria-Hungría de utilizar este como escusa para axustar contas con Serbia, Carlos atopouse nunha posición cada vez máis complicada.[1] As súas preferencias persoais e unha longa alianza secreta (Tripla Alianza), debida á antipatía cara a Rusia, ligaban ao país aos Imperios Centrais.[1] Durante a década anterior a 1914, con todo, este sentimento antirruso quedara relegado ante a sensación de hostilidade cara a Austria-Hungría, que defendera a postura búlgara durante as Guerras dos Balcáns e contiña unha abundante minoría romanesa discriminada en Transilvania.[2]

No crucial consello real do 3 de agosto de 1914 foi practicamente o único en defender a declaración de guerra a Rusia, mentres todos menos un dos membros da reunión defendían o mantemento da neutralidade romanesa na guerra.[2] Carlos aceptou case sen resistencia a postura do consello.[2] Declarou aos representantes austrohúngaros e alemáns que el permanecía fiel á alianza pero que non podía desenvaiñar a espada en contra do parecer do pobo. Para entón Carlos estaba enfermo de morte e sufría constantes presións da súa familia e achegados para declarar a guerra a Rusia, mentres que os responsables políticos avogaban cada vez máis forte por atacar Austria-Hungría.[3]

En setembro, cando a axitación a favor da entrada de Romanía na guerra ao lado da Entente chegou ao máximo, solicitou secretamente a Alemaña que azuase a Bulgaria a ameazar a Romanía para arrefriar os ánimos dos belicistas.[3] Anteriormente solicitara a cesión de parte da Bucovina e reformas internas en Transilvania para tranquilizar á opinión pública romanesa, sen éxito.[3] Pesimista ante a situación, chegou a suscitarse a abdicación e o exilio, pero non chegou a poñelos en práctica.[3]

Carlos morreu o 10 de outubro de 1914, facilitando a posterior entrada en guerra de Romanía ao lado da Entente xa que o novo rei, Fernando I, inexperto e indeciso, deixou a política exterior do país en mans do primeiro ministro profrancés, Ion I. C. Brătianu.[4]

Distincións honoríficas editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Torrey, Glenn L. (1998). Romania and World War I (en inglés). Center for Romanian Studies. p. 400. ISBN 9789739839167. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Alexandru Ioan Cuza
Rei de Romanía
1866-1914
Sucesor:
Fernando I