Carnicer Torrejón Fútbol Sala

(Redirección desde «Carnicer Torrejón»)

O Carnicer Torrejón Fútbol Sala é un equipo español de fútbol sala da localidade de Torrejón de Ardoz (Comunidade de Madrid). Actualmente o club compite na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala. Trala desaparición do Marsanz Torrejón converteuse no principal equipo da localidade madrileña.

Torrejón Fútbol Sala
NomeClub Carnicer Torrejón Fútbol Sala
Fundación1984
EstadioMunicipal Jorge Garbajosa
Torrejón de Ardoz, España España
Capacidade4.000
Presidenteespañol José Carnicer Castro
Adestradorespañol José Carnicer Castro
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-10
VestimentaHummel
PatrocinadorTeka
Na rede
http://www.automovilescarnicer.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

O club foi fundado en 1984 por José Carnicer, dono dos concesionarios Fiat Automóviles Carnicer. Aínda que comezou dende a terceira rexional madrileña, ascendeu de categoría cada dous anos. En cinco anos pasou da cuarta categoría estatal á División de Honra, liga na que debutou na tempada 1997-98.

Durante os seus primeiros anos na máxima categoría, o equipo tratou de asegurar a permanencia, e pouco despois conseguiu meterse na loita polo título a partir dun equipo formado por xogadores da canteira e descartes doutros equipos. A súa primeira participación nos playoffs polo título foi na tempada 1999-00.

Dende a súa creación José Carnicer exerceu como presidente e adestrador do club, así e todo no ano 2010 deixou os labores de preparación do equipo en favor de José Antonio Valle para se centrar na dirección do Carnicer Torrejón.[1] Porén, trala dimisión de Valle en decembro, volveu adestrar o equipo.

Cadro 2010-11 editar

Posto País Xogador
1 Porteiro   Antonio Calvo
2 Peche   David
3 Pivote   Jaison
6 Á   Dani Martín
7 Á   Mario Rivillos
8 Peche   Jorge
9 Á   Nacho Pedraza
Posto País Xogador
10 Peche   Víctor
11 Pivote   José Carlos
13 Porteiro   Prieto
14 Á   Kita
15 Porteiro   Miguel Medina
17 Á   Pablo Mel
18 Á   Juanlu
  • Adestrador:   José Carnicer Castro.

Palmarés editar

  • 1 Campionato da División de Prata: 1996-97

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar