Carmen Parga

profesora e exiliada galega

Carmen Parga Parada, nada na Coruña o 29 de abril de 1914 e finada en Cidade de México o 10 de abril de 2004 foi unha profesora e activista republicana exiliada en México.[1][2]

Infotaula de personaCarmen Parga
Biografía
Nacemento29 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de abril de 2004 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeManuel Tagüeña
PaiAntonio Parga Sánchez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Antonio Parga Sánchez, naceu na Coruña e criouse nunha familia de militantes socialistas.[3] Fixo o bacharelato en Ferrol e, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Tamén iniciou neses anos a súa actividade política militando en agrupacións estudantís de esquerda como a FUE o BEOR (Bloque Estudantil de Oposición Revolucionaria, dirixido polas xuventudes comunistas). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impediu que chegara a titularse.[2]

Casou en 1936 con Manuel Tagüeña, un físico que se converteu en tenente coronel do XV Corpo do Exército do Ebro.[a]

En febreiro de 1939 abandonaron España escapando a través dos Pireneos, e na primavera, Carmen e Manuel, que conseguiron saír do cepo francés dos campos de refuxiados republicanos, chegaron a Leningrado nun cargueiro a través do golfo de Finlandia.[2] Instaláronse en Moscova, cidade na que naceron as súas dúas fillas e quedou enterrado o seu pai. A invasión alemá durante a segunda guerra mundial fixo que tivera que desprazarse á rexión de Pensa, gañándose a vida como tecedora e costureira.[1]

En 1945 trasladouse coas súas fillas a Iugoslavia, pois o seu marido foi destacado alí como "técnico militar", e tres anos despois, en 1948, mudáronse a Checoslovaquia.[2]

Finalmente, logo da morte de Stalin en 1953, trasladáronse a México. Chegaron á súa capital «tras penosos avatares», o 12 de outubro de 1955. O seu marido morreu nese país en 1971. En México Carmen traballou como profesora nos colexios "Madrid" e "Luis Vives" da capital mexicana. Tamén coordinou as actividades dos talleres artísticos do Molino de Santo Domingo, e foi presidenta da agrupación do PSOE na Cidade de México. En 1996 publicou o seu libro de memorias titulado Antes que sea tarde.[4] Morreu aos 89 anos na súa casa de Cidade de México.[b]

Notas editar

  1. Carmen pasou os tres anos da guerra na fronte, axudando aos comisarios e escribindo nos periódicos, pero sen ningún cargo político.
  2. A súa filla era presidenta do Ateneo Español de México ao inicio do século XXI.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bados Ciria, Concepción (26 de abril de 2007). "Carmen Parga". Centro Virtual Cervantes (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Muñoz Molina, Antonio (22 de decembro de 2015). "Recuerdos de Carmen Parga". Babelia (Diario El País). Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  3. coruña, a (2016-10-23). "Carmen Parga, 'chica de Barranca'". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-01-05. 
  4. Fernández Pineda, C. (25 de abril de 2004). "Necrológica (Carmen Parga, socialista exiliada)". Diario El País (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar