Carlos de Borbón-Dúas Sicilias

aristócrata español

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón-Parma, nado en Lausana o 16 de xaneiro de 1938 e finado en Retuerta del Bullaque (Cidade Real) o 5 de outubro de 2015, foi un infante de España, príncipe das Dúas Sicilias, duque de Calabria, conde de Caserta e xefe da Casa Real de Borbón-Dúas Sicilias.

Carlos de Borbón-Dúas Sicilias
Duque de Calabria, Conde de Caserta e Infanta de España.

Nome completoCarlos María Alfonso Marcel de Borbón-Dos Sicilias y Borbón-Parma
Nacemento16 de xaneiro de 1938
Lausana, Suíza Suíza
Falecemento5 de outubro de 2015
Retuerta del Bullaque, Cidade Real, España España
SepulturaPanteón de Infantes, Mosteiro de El Escorial[1]
PredecesorAfonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón
ConsorteAna de Orleáns
(1965 - actual)
Descendencia
    • Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
    • María de Borbón-Dúas Sicilias
    • Pedro de Borbón-Dúas Sicilias, duque de Noto
    • Inés de Borbón-Dúas Sicilias
    • Vitoria de Borbón-Dúas Sicilias
  • Casa realCasa de Borbón-Dúas Sicilias
    ProxenitoresAfonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón
    Alicia de Borbón-Parma

    Na rede
    WikiTree: Borbón-10

    Traxectoria editar

    Era fillo do infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón (1901-1964) e da princesa Alicia de Borbón-Parma (1917-2017). Neto por vía paterna da princesa de Asturias Mercedes de Borbón e Habsburgo-Lorena (1880-1904), irmá de Afonso XIII, e do infante Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias (1870-1949).

    O seu curmán, o rei Xoán Carlos I, concedeulle o título de infante de España o 16 de decembro de 1994. Tamén foi presidente do Real Consello das Ordes Militares de Santiago, Calatrava, Alcántara e Montesa. Foi un dos dous pretendentes ao desaparecido trono das Dúas Sicilias.

    O infante Carlos ocuparía o primeiro posto na liña de sucesión á coroa española logo dos descendentes do rei Xoán Carlos I se se considerase oficialmente que as irmás do rei, as infantas Pilar e Margarida, quedaron excluídas da sucesión ao contraer matrimonio con persoas que non pertencían a algunha familia real, como prescribía a pragmática sanción do rei Carlos III que regulaba os matrimonios da Casa Real Española. A Pragmática Sanción quedou derrogada de facto pola Constitución española de 1978 pero a aprobación do texto constitucional foi posterior aos matrimonios das infantas. Actualmente non se determinou con carácter oficial se as infantas Pilar e Margarida quedaron ou non apartadas da sucesión.

    Descendencia editar

    Carlos de Borbón-Dúas Sicilias contraeu matrimonio o 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux coa princesa Ana de Orleáns (n. 4 de decembro de 1938). Ana de Orleáns é filla do príncipe Henrique de Orleáns, conde de París (1908-1999) e a princesa Isabel de Orleáns-Bragança (1911-2003). O matrimonio tivo cinco fillos:

    Ascendencia editar

     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    16. Rei Fernando II das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    8. Príncipe Afonso de Borbón-Dúas Sicilias, Conde de Caserta
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    17. Arquiduquesa María Teresa de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    4. Príncipe Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    18. Príncipe Francisco de Paula das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
    9. Princesa María Antonieta das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    19. Arquiduquesa María Isabel de Toscana
     
     
     
     
     
     
     
    2. Infante Afonso, Duque de Calabria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    20. Francisco de Asís, Rei consorte de España
     
     
     
     
     
     
     
    10. Rei Afonso XII de España
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    21. Raíña Isabel II de España
     
     
     
     
     
     
     
    5. Mercedes, Princesa de Asturias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    22. Arquiduque Carlos Fernando de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    11. Arquiduquesa María Cristina de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    23. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria
     
     
     
     
     
     
     
    1. Infante Carlos, Duque de Calabria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    24. Carlos III, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
    12. Roberto I, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    25. Princesa Luisa María Teresa de Francia
     
     
     
     
     
     
     
    6. Elías I, Duque de Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    26. Rei Fernando II das Dúas Sicilias (= 16)
     
     
     
     
     
     
     
    13. Princesa María Pía das Dúas Sicilias
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    27. Arquiduquesa María Teresa de Austria (= 17)
     
     
     
     
     
     
     
    3. Infanta Alicia de Borbón-Parma
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    28. Arquiduque Carlos Fernando de Austria (= 22)
     
     
     
     
     
     
     
    14. Arquiduque Federico de Austria, Duque de Teschen
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    29. Arquiduquesa Isabel Francisca de Austria (= 23)
     
     
     
     
     
     
     
    7. Arquiduquesa María Ana de Austria
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    30. Duque Rodolfo de Croÿ
     
     
     
     
     
     
     
    15. Princesa Isabel de Croÿ
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
     
    31. Princesa Natalia de Ligne
     
     
     
     
     
     

    Véxase tamén editar

    Outros artigos editar

    Ligazóns externas editar

    1. http://www.abc.es/casa-del-rey/20151005/abci-muere-infante-carlos-201510052055.html