Carlos Varela García
xurista galego
Carlos Varela García, nado no Carballiño o 22 de abril de 1956, é un xurista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de abril de 1956 (68 anos) O Carballiño, España |
Fiscal | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xurista |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Ingresou na carreira fiscal en 1985. Foi fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra (1985-2004), fiscal Provincial de Protección de Menores de Pontevedra (1987-2004) e presidente da Comisión de Xustiza Gratuíta de Vigo (1997-2004). En 2004 foi elixido Fiscal Superior de Galicia, logo dunha votación que o enfrontou a Fernando Suanzes, e revalidado de novo en 2009. Porén, en 2014 foi derrotado por Suanzes.
Colaborou en publicacións especializadas e no libro Contos da Xustiza (Ir Indo, 2002). É membro da Fundación Premios da Crítica, Amigos do Couto Mixto, Fundación Álvaro das Casas e vogal da Fundación Menela.
Predecesor: Ramón García-Malvar Mariño |
Fiscal Superior de Galicia 2004-2015 |
Sucesor: Fernando Suanzes |
Premios editar
- Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2001.
- Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2006.