Carlos Vázquez Padín

político galego

Carlos Vázquez Padín, nado en Tui o 1 de agosto de 1973, é un emprendedor e expolítico galego.

Infotaula de personaCarlos Vázquez Padín

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Tui
2017 – 2019
← Enrique Cabaleiro GonzálezEnrique Cabaleiro González → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración na Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro do BNG en Tui entre xullo de 1999 e decembro de 2001. Fundou Converxencia 21 en 2009, partido de orientación liberal e galeguista do que foi Secretario Xeral interino dende a súa fundación e en outubro de 2010 foi ratificado no cargo polo I Congreso nacional de Converxencia 21[1]. Nas eleccións municipais de 2011 foi candidato á alcaldía de Tui por esta formación, e obtivo posto de concelleiro, co que se converteu no primeiro cargo institucional do seu partido. En 2013, no III Congreso Nacional abandonou a secretaría xeral, e foi substituído por Garcilaso de la Vega López, nese mesmo congreso foi nomeado presidente do partido, cargo de índole honorífica.

En 2015 volveuse presentar ás eleccións municipais na súa cidade natal e a súa formación obtivo dous concelleiros, apoiando a elección do socialista Enrique Cabaleiro como alcalde. En outubro de 2017 foi elixido alcalde de Tui logo dunha moción de censura, cos votos de PP, Alternativa Popular de Tui e Cidadáns Tudenses[2][3].

En maio de 2018 tivo que facer fronte á explosión dun almacén pirotécnico clandestino no barrio da Torre, na parroquia de Paramos, sendo esta crise a que marcou o seu goberno.[4]

En maio presentouse á reelección acompañado de varios concelleiros do seu goberno e coa fichaxe de José Manuel Palacín (expresidente do Centro Democrático Liberal), porén só obtivo 929 votos e tan só un representante. Debido ós resultados que el mesmo catalogou como "malos" renunciou á acta, quedando Palacín como concelleiro.[5]

Despois do seu abandono da actividade política, retomou a súa actividade no sector privado, impulsando a posta en marcha dun mercado en Internet de adegas ecolóxicas.

Obras editar

Notas editar

  1. Carlos V. Padín, primeiro secretario xeral de Converxencia XXI Arquivado 06 de outubro de 2010 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 3/10/2010.
  2. "Vázquez Padín é o novo alcalde de Tui despois de que prosperara a moción de censura". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2017. Consultado o 18 de outubro de 2017. 
  3. "Vázquez Padín asume la alcaldía de Tui entre abucheos y gritos de "corrupto"". elcorreogallego.es. 17-10-2017. Arquivado dende o orixinal o 20-06-2019. Consultado o 20-6-2019. 
  4. Lema, X.M. (16-6-2019). "El ayuntamiento de Tui está volcándose con los afectados, estamos en su piel, acompañándolos en sus demandas". adiantegalicia.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24-06-2019. Consultado o 24-6-2019. 
  5. Oliva, Marisol (28-5-2019). "El alcalde en funciones de Tui renuncia a su acta de concejal por los malos resultados". atlantico.net (en castelán). Consultado o 21-10-2019. 
  6. "Vázquez Padín presenta o seu libro "Por un Tui próspero"". /xornal21.com. 26-12-2014. Arquivado dende o orixinal o 24-06-2019. Consultado o 24-6-2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar