Carlos Tartiere
Carlos Tartiere de las Alas Pumariño, nado en Oviedo e finado en Xixón o 31 de xullo de 1950, foi un popular empresario asturiano e presidente do Real Oviedo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1900 Oviedo, España |
Morte | 31 de xullo de 1950 (49/50 anos) Xixón, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | José Tartiere y Lenegre |
Biografía editar
O 26 de marzo de 1926 funda o Oviedo Football Club que é o resultado da fusión dos dous clubs máis representativos de Oviedo: Real Stadium Club Ovetense e Real Club Deportivo Oviedo e é nomeado Presidente da entidade.
Durante o seu mandato, o club pasaría a chamarse: Real Oviedo Football Club, Oviedo F.C. e, finalmente, Real Oviedo.
Foi presidente do Real Oviedo ata a súa morte en 1950 e baixo a súa presidencia lográronse algúns dos maiores éxitos na historia do club: dúas terceiras posicións no campionato de Liga nas tempadas 1934-35 e 1935-36.
Na súa memoria, o antigo estadio de Buenavista pasou a chamarse Estadio Municipal Carlos Tartiere e cando no ano 2000 foi construído un novo campo de fútbol para a cidade levou tamén o mesmo nome.