Carlos Rafael Rodríguez

político cubano

Carlos Rafael Rodríguez Rodríguez, nado en Cienfuegos o 23 de maio de 1913 e finado na Habana o 8 de decembro de 1997, foi un político e economista comunista cubano, de orixe galega, que ocupou diferentes cargos en gobernos de diversos signos políticos.

Infotaula de personaCarlos Rafael Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de maio de 1913 Editar o valor em Wikidata
Cienfuegos, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte8 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Párkinson Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítico, diplomático
Partido políticoPartido Comunista de Cuba Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu na localidade de Cienfuegos, fillo do emigrante galego Pedro Rodríguez Villameitide, natural de Couxela, Ribadeo,[1][2] e cursou os seus primeiros anos de estudo na súa cidade natal. Incorporouse á loita política contra o réxime do presidente Gerardo Machado, militando no Partido Comunista de Cuba desde 1932. Á caída deste goberno en agosto de 1933, cando só contaba con 20 anos de idade, alcanzou o seu primeiro cargo de importancia: a alcaldía de Cienfuegos. Catro anos despois, uniuse ao Partido Comunista de Cuba (PCC) e chegaría a ser designado editor do diario partidario, denominado “Hoy”.[3] Participou da folga xeral de 1935 contra o presidente provisional Carlos Mendieta.[4]

Doutra banda, foi un dos creadores das publicacións socioculturais "Ariel" e "Ségur" (1934). En 1938 gañou o premio "González Lanusa" e o Premio Nacional de Xornalismo. En 1939, aos 26 anos de idade, terminou a carreira de doutor en Dereito Civil e en Ciencias Políticas, Sociais e Económicas na Universidade da Habana. Integrou o Comité Executivo do Partido Comunista desde 1940. En 1942 Rodríguez uniuse ao gabinete do entón presidente Fulgencio Batista.[5]

Como un marxista dedicado, a participación de Rodríguez dentro do gabinete de coalición do entón Presidente do Goberno Provisional Fulgencio Batista, xurdido á calor da Constitución recentemente aprobada de 1940, considerada unha das máis democráticas da República de Cuba. Fulgencio Batista posteriormente traizoa este proceso desencadeando unha sanguenta ditadura, que conclúe en 1959.

Revolución cubana editar

 
Carlos Rafael Rodríguez, no centro da imaxe, con Erich Honecker.

Rodríguez coñeceu a Fidel Castro por primeira vez a través dun amigo en común de ambos, logo de que Castro visitase a libraría que rexentaba o PCC, tan só uns poucos días antes do desastroso asalto ao cuartel Moncada de Santiago de Cuba que encabezou este último, o cal tivo lugar o 26 de xullo de 1953.[6]

Aínda que Rodríguez criticou o ataque pouco despois de que este ocorrese,[3] terminaría aliándose a Castro na Revolución cubana (a cal comezou uns cinco anos e medio logo daquela errada incursión guerrilleira inicial). De feito, en xullo de 1958, tan só cinco meses antes do triunfo da Revolución, uniuse ao Movemento 26 de xullo na oriental cordilleira de Sierra Maestra, e desde setembro dese ano permaneceu xunto ao denominado Exército Rebelde que combatía contra o réxime militar de Fulgencio Batista. Aínda que tardío, no entanto tratouse do primeiro xesto de apoio cara a ese movemento guerrilleiro por parte do xa para ese entón histórico Partido Comunista Cubano (PCC).

Castro chegaría a ser amigo persoal del, e logo do triunfo da Revolución, premiou a Rodríguez con postos de alta xerarquía dentro do novo goberno. Por exemplo, durante o goberno provisional revolucionario (1959-1976) foi presidente do Instituto Nacional de Reforma Agraria (INRA, entre 1962 e 1965) e viceprimeiro ministro para asuntos exteriores (1972-1976). Mesmo chegaría a ser coñecido por algúns xornalistas da prensa estranxeira como o “tsar económico” da Cuba revolucionaria.[3] Na posterior etapa de institucionalización constitucional da Revolución cubana, iniciada en 1976, foi elixido e varias veces ratificado como vicepresidente do Consello de Estado (1976-1993) e designado no cargo de vicepresidente do Consello de Ministros (1976-1997). Foi membro do Buró Político do Partido Comunista de Cuba (PCC) desde o seu refundación en 1965 e até pouco antes da súa morte en 1997.

Sistema de cálculo económico editar

A través da dirección do Instituto Nacional de Reforma Agraria defendeu o sistema de cálculo económico usado pola URSS e outros países do bloque socialista, a diferenza do sistema orzamentario de financiamento aplicado polo Che Guevara a través do Ministerio de Industria que dirixía. En 1987 recoñeceu que o sistema do Che era máis progresista e igualitario, pero dicía que o cálculo económico adecuábase mellor ás condicións de Cuba.[7]

Achegamento á Unión Soviética editar

 
Carlos Rafael Rodríguez (no extremo dereito) en 1972 xunto ao líder cubano Fidel Castro fronte á Porta de Brandeburgo cerca do Muro de Berlín, o cal dividía as dúas partes da cidade.

En 1969, Fidel Castro enviouno en calidade de observador da entón Conferencia Internacional de Partidos Comunistas e Obreiros que tivo lugar na entón capital soviética de Moscova. Nesta reunión, entre outras cousas condenouse aos “herexes” partidos e movementos trotskistas adscritos á denominada Cuarta Internacional, Rodríguez realizaría un importante discurso, declarando que Cuba se mantería resoltamente xunto á URSS”.[8] Esta declaración sería dobremente importante: por unha banda, contribuía a manter a privilexiada relación de intercambio económico a favor da illa caribeña (en particular, o "troco" de azucre a un prezo superior ao do mercado internacional por petróleo subsidiado), e por outro confirmaba o mantemento do até entón único aliado soviético no hemisferio occidental, un lustro despois do estalido do cisma ideolóxico chinés-soviético e tan só un ano despois da invasión soviética de Checoslovaquia de 1968 (feito histórico coñecido como Primavera de Praga). Ese discurso formou parte dunha serie de pasos dados polo goberno cubano respecto da súa intención de manterse monolíticamente á beira da URSS desde o punto de vista ideolóxico, a pesar dalgúns barullos que tiveron lugar entre ambos os gobernos (como a insistencia de Castro de tentar exportar a súa revolución, ademais das intempestivas “gañas de aventura revolucionaria” -por momentos maoísta- de Ernesto “Che” Guevara). Rodríguez continuaría sendo unha figura clave dentro das relacións cubano-soviéticas, facendo declaracións públicas respecto diso tanto durante períodos de especial achegamento, como nos de certos desencontros (por exemplo, cando o líder soviético Mikhaíl Gorbachov lanzou entre 1986 e 1987 as súas políticas de glásnost e perestroika, á que o propio Fidel Castro chegou a definir como “a muller doutro”).

Morte editar

Antes de apartarse da actividade política en 1997, debido á definitiva deterioración do seu estado de saúde, prestou servizo dentro do Politburó do PCC e foi vicepresidente. Sufría da enfermidade de Parkinson e faleceu na capital cubana da Habana o 8 de decembro de 1997.[9] O seu amigo persoal, o entón líder cubano Fidel Castro, presidiu a cerimonia do seu enterro.[3]

Recoñecementos editar

En 1990 recibiu o premio "Raúl Prebisch" e o Instituto Superior de Relacións Internacionais, en 1991, conferiulle o Título de Doutor Honoris Causa en Relacións Políticas Internacionais. En 1993 converteuse en membro emérito da Unión Nacional de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC). Un ano despois, en 1994 foille outorgado o título de membro de honra que leva o nome do poeta "Nicolás Guillén".

Principais condecoracións recibidas editar

  • Medalla da Sociedade Cubana de Dereito Internacional.
  • Medalla conmemorativa polo XX Aniversario da RDA.
  • Medalla XX Aniversario do Moncada.
  • Medalla conmemorativa LV Aniversario da Fundación da República Popular de Mongolia.
  • Medalla XX Aniversario das FAR (Forzas Armadas Revolucionarias de Cuba).
  • Medalla 250 Aniversario da Universidade da Habana.
  • Grao de Comendador das Artes e Letras de Francia.
  • Medalla conmemorativa polo 1.300 aniversario da fundación do Estado búlgaro.
  • Orde de Primeiro Grao da República Popular de Bulgaria.
  • Orde ao Mérito da República Popular de Polonia no grao de Comendador con estrela.
  • Orde "Estrela da Amizade entre os pobos" da RDA.
  • Orde "Félix Elmuza" do xornalismo nacional.
  • Selo de laureado do Sindicato de Traballadores da Cultura.

Obra editar

  • Lenin, Eds. Sociais, A Habana, 1941.
  • El marxismo y la historia de Cuba, Eds. Sociais, A Habana, 1942.
  • José de la Luz y Caballero, A Habana, 1947.
  • José Martí and Cuban Liberation, Nova York, 1953.
  • Las bases del desarrollo económico, A Habana, 1956.
  • La Misión Welles, A Habana, 1957.
  • La clase obrera y la revolución, Editorial Vangarda Obreira, A Habana, 1960.
  • Cuba: Ejemplo de América, 1969.
  • Cuba en CEPAL, Editorial de Ciencias Sociais, A Habana, 1970.
  • Lenin y la cuestión colonial, A Habana, 1970.
  • José Martí, guía y compañero, 1979.
  • Letra con hilo, Editorial de Ciencias Sociais, A Habana, 1983.
  • Palabras en los setenta, Editorial de Ciencias Sociais, A Habana, 1984.

Notas editar

  1. "Os outros galegos na revolución cubana". Sermos Galiza. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  2. "La poderosa influencia de la Ría de Ribadeo en el pasado, presente y futuro de Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de abril de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Carlos Rodriguez, Castro Ally And Leftist Leader, Dies at 84". The New York Times (en inglés). 13 de decembro de 1997. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  4. Suchlicki 2002, p. 106.
  5. Cando era Xefe de Persoal do Exército, Batista forzou ao entón presidente Ramón Grau a renunciar, elixindo en cambio a Mendieta para ese cargo.
  6. Jorge I. Domínguez, To make a world safe for Revolution: Cuba's foreign policy (“Hacer del mundo un lugar a salvo para la Revolución: La política exterior de Cuba”), Harvard University Press, Cambridge (estado de Massachusetts), 1989, ISBN 0-674-89325-5, pág. 30.
  7. "La Revolución cubana y la planificación socialista" (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 
  8. Suchlicki, pág 153-154.
  9. "Muere Carlos Rafael Rodríguez, artífice del acercamiento entre Cuba y la URSS". El País (en castelán). 10 de decembro de 1997. Consultado o 16 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar