Carlos Pérez Álvarez

futbolista español

Carlos Pérez Álvarez, nado en Vigo o 1 de novembro de 1971 e finado en Nigrán o 5 de xullo de 2006, foi un futbolista galego que xogaba de centrocampista.

Carlos Pérez
Información persoal
Nome Carlos Pérez Álvarez
Nacemento 1 de novembro de 1971
Lugar de nacemento Vigo
Falecemento 5 de xullo de 2006
Lugar de falecemento Nigrán
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1987–1989 Celta Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1989–1993 Celta B
1992–1998 Celta Vigo 47 (3)
1996–1997Almería (loan) 21 (2)
1998–1999 Chaves 27 (4)
1999–2001 Vitória Guimarães 39 (0)
2001–2004 Nacional de Madeira 71 (6)
2004–2005 CD Ourense 26 (0)
Selección nacional
1993– Selección de fútbol sub-21 de España 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Formado na canteira do Celta de Vigo, xogou boa parte da súa carreira en Portugal. Faleceu nun accidente aos 34 anos[1].

Traxectoria editar

Comezou a xogar nas categorías inferiores do Celta, e en 1993 xogou un partido coa Selección de fútbol sub-21 de España. Porén, só xogou 16 partidos como titular nas tres tempadas que estivo no primeiro equipo, e en 1996 foi cedido á UD Almería que xogaba en segunda división. Xogou 21 partidos e meteu dous goles, pero o club descendeu. Regresou ao Celta na tempada 1997-98, pero non tivo participación e foi traspasado.

Fichou polo Grupo Desportivo de Chaves. Xogou 27 partidos e meteu 4 goles, pero o club descendeu, e fichou por outro equipo do norte de Portugal, o Vitória de Guimarães. Alí estivo dúas tempadas, e en 2001 fichou polo Nacional da Madeira, co que ascendeu á primeira división logo de xogar 19 partidos e meter un gol. Alí estivo dúas tempadas máis, e en 2004 fichou polo CD Ourense, que xogaba na segunda B.

Tiña pensado seguir no mundo do fútbol como adestrador, pero morreu novo nun accidente doméstico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar