Carlos López Crespo
político galego
Carlos Enrique López Crespo, nado en Coirós en 1949 e finado en Outes o 21 de maio de 2018[1], foi un político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1949 Coirós, España |
Morte | 20 de maio de 2018 (68/69 anos) |
Alcalde de Outes | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , catedrático |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Licenciado en Pedagoxía, foi profesor de matemáticas no IES Poeta Añón de Outes. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Outes, e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta[2], sendo deputado provincial entre 1999 e 2007. En agosto de 2016 presenta a súa renuncia a continuar como alcalde para formar parte da candidatura do PP ás eleccións ao Parlamento de Galicia dese mesmo ano, figurando no posto número 11 pola provincia da Coruña.[3] Foi elixido deputado.
Predecesor: Gonzalo Pérez Villaverde |
Alcalde de Outes 1995 - 2016 |
Sucesor: María Beatriz Molinos Vidal |
Notas editar
- ↑ "Moi apenado polo falecemento de Carlos López Crespo", chío en Twitter de Alberto Núñez Feijoo, 21 de maio de 2018.
- ↑ «Agora Outes é un concello punteiro da ría de Muros-Noia», artigo en La Voz de Galicia, 21 de xuño de 2011.
- ↑ López Crespo deixa a alcaldía de Outes tras 21 anos e seis maiorías absolutas Arquivado 19 de setembro de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 20/08/2016.