Carlos Javier Rodríguez
Carlos Javier Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 19 de xaneiro de 1992, é un futbolista español . Xoga como lateral dereito no Tarazona, da Primeira División RFEF.
Carlos Javier | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Carlos Javier Rodríguez | ||
Nacemento | 19 de xaneiro de 1992 | ||
Lugar de nacemento | Santa Cruz de Tenerife | ||
Altura | 1,84 m. | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | Tarazona | ||
Número | 22 | ||
Carreira xuvenil | |||
Calatorao | |||
Amistad | |||
2005–2010 | Zaragoza | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2015 | Deportivo Aragón | 72 | (2) |
2010–2011 | → Ejea | 0 | (0) |
2012–2013 | → Andorra | ||
2014 | Zaragoza | 1 | (0) |
2015–2016 | Ebro | 13 | (0) |
2016–2021 | Tarazona | 87 | (1) |
2021–2023 | Teruel | 64 | (0) |
2023– | Tarazona | 9 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 29 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Nacido en Tenerife e criado na localidade aragonesa de Calatorao, pasou polas canteiras do Club Deportivo Calatorao e da Unión Deportiva Amistad, antes e recalar en idade infantil no Real Zaragoza.[1][2]
Rematada a súa etapa como xuvenil, foi cedido ao Ejea, pero unha lesión na pretemporada impediulle debutar co equipo das Cinco Villas. Para a tempada seguinte regresou ao Zaragoza para xogar no filial, o Deportivo Aragón, co que debutou na Segunda DIvisión B. Con todo, sufriu unha nova lesión e só puido disputar dez partidos ao longo da tempada. No verán de 2012 fichou polo Andorra de Teruel onde callou unha gran tempada, o que lle permitiu volver á disciplina zaragocista.[3]
Sendo un dos fixos do filial, entrou en varias convocatorias do primeiro equipo do Zaragoza, co que finalmente debutou o 30 de marzo de 2014, nun partido da Segunda División contra o Alavés en Mendizorroza, substituíndo na segunda parte a José Javier Barkero.[4]
No verán de 2015 desvencellouse do Zaragoza e fichou polo Ebro, de Segunda B, no que xogou unha tempada. A continuación pasou ao Tarazona, da Terceira División,[5] no que militou durante os seguintes catro anos e medio, logrando un ascenso a Segunda B na tempada 2019/20. En xaneiro de 2021 fichou polo Teruel,[6] co que un ano e medio despois se proclamou campión do Grupo III da Segunda División RFEF, sendo un dos xogadores do equipo con máis partidos disputados.
En xullo de 2023 anunciouse o seu regreso ao Tarazona, que viña de ascender tamén á Primeira División RFEF.[7]
Palmarés editar
- Tarazona
- Terceira División (1): 2019/20.
- Teruel
- Segunda División RFEF (1): 2022/23.
Notas editar
- ↑ "Carlos Javier Rodríguez, una gran promesa del fútbol" (en castelán). 27 de marzo de 2009. Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ ""Los jugadores del filial estamos ayudando"". Heraldo de Aragón (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ Lambán, Patricia (28 de xuño de 2013). "El Real Zaragoza B incorpora a cuatro jugadores" (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ "El Alavés salva 'in extremis' un punto en el estreno de Alberto". Marca (en castelán). EFE. 30 de marzo de 2014. Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ "Carlos Javier, nuevo refuerzo para la SD Tarazona". Heraldo de Aragón (en castelán). 7 de setembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ "Carlos Javier deja la SD Tarazona y se une al proyecto del CD Teruel" (en castelán). 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 29 de novembro de 2023.
- ↑ "Carlos Javier regresa al Tarazona" (en castelán). 11 de xullo de 2023. Consultado o 29 de novembro de 2023.