Carlos González Besada
(Redirección desde «Carlos González Besada y Giráldez»)
Carlos González Besada Giráldez, finado en Madrid en xaneiro de 1946, foi un avogado, diplomático e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos González-Besada Giráldez valor descoñecido |
Morte | 1946 Madrid, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , diplomático , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Augusto González Besada |
Traxectoria editar
Fillo de Augusto González Besada. Foi Vicecónsul de España en París. Foi elixido deputado polo distrito de Lugo en 1919. Continuou como deputado por Lugo nas eleccións de 1920, e foi elixido deputado polo distrito de Monforte nas eleccións de 1923. Foi cónsul de España en Matanzas, Porto Alegre e Bogotá. Herdou o título de Marqués de González Besada á morte da súa nai Carolina Giráldez en 1940.