Carlos Cuerpo

economista e político español

Carlos Cuerpo Caballero, nado en Badaxoz o 26 de setembro de 1980,[1] e un economista español, ministro de Economía, Comercio e Empresa dende decembro de 2023.

Infotaula de personaCarlos Cuerpo

(2024) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Badaxoz, España Editar o valor em Wikidata
Ministro de Asuntos Económicos
29 de decembro de 2023 –
← Nadia Calviño
Nomeado por: Pedro Sánchez
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Estremadura (pt) Traducir
London School of Economics
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Twitter: carlos_cuerpo Dialnet: 3125056 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos e formación editar

Nado en Badaxoz en 1980, é fillo de dous profesores de secundaria. Parte da súa infancia transcorreu entre Valle de la Serena e Suíza, onde os seus pais realizaron unha estancia na embaixada española cando el tiña nove anos.​[2] Licenciouse en Económicas pola Universidade de Estremadura en 2003, e ten un mestrado en ciencias económicas pola London School of Economics e un doutormento en Economía pola Universidade Autónoma de Madrid[2][3] desde 2017.[4]​ Tamén realizou actividades docentes impartindo cursos de grao e posgrao en institucións como a Universidade de Estremadura, o Center for Economic and Commercial Studies (ICEX-CECO), a London School of Economics e da Universidade George Washington.[3][5] Ademais da súa lingua materna, fala inglés e francés con fluidez.[2]

Carreira profesional editar

Ingresou por oposición no Corpo Superior de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado no ano 2008,[2][3] e ese mesmo ano comezou a traballar no Ministerio de Economía e Facenda, onde foi analista económico na Dirección Xeral de Análise Macroeconómica entre maio de 2008 e abril do 2011.

Posteriormente, no 2011, trasladouse a Bruxelas para prestar asesoramento económico á Dirección Xeral de Asuntos Económicos e Financeiros da Comisión Europea. Dende este cargo colaborou, como experto nacional, no desenvolvemento do novo Procedemento de Desequilibrios Macroeconómicos.[3]

De regreso a España, de 2014 até o 2020, traballou na AIReF,[4][6] primeiro como subdirector xeral de Débeda Pública de maio de 2014 a outubro de 2016 e, en novembro de 2016 foi nomeado director da División de Análise Económica, ocupando este cargo ata febreiro de 2020, cando foi nomeado director xeral de Análise Macroeconómica.​

Durante a pandemia de COVID-19 formou parte do "consello de Reis Magos" que asesorou ao Goberno no deseño da desescalada[2]​ e axudou á Consellería de Economía no desenvolvemento de novas ferramentas de seguimento da actividade económica durante esta etapa.

En agosto de 2021 foi ascendido ao cargo de secretario xeral do Tesouro e Financiamento Internacional, cargo que supuña se-lo máximo responsable da Facenda pública española despois da ministra de Economía. O 29 de decembro de 2023, foi proposto polo presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como ministro de Economía, Comercio e Empresa, en substitución da vicepresidenta Nadia Calviño[7] que pasou a se-la presidenta do Banco Europeo de Inverstimentos (BEI). Tomou posesión ese mesmo día ante o rei Filipe VI.[8]

Notas editar

  1. A Moncloa (18 de novembro de 2016). "Biografías". lamoncloa.gob.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Cid de Rivera, Antonio (29 de decembro de 2023). ""Era un estudiante brillante", dice el decano de Económicas de la Universidad de Extremadura de Carlos Cuerpo". epe.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Sala, Agustí (29 de decembro de 2023). "Carlos Cuerpo: un técnico de confianza en Economía". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 Piña, Raúl (29 de decembro de 2023). "Sánchez nombra a Carlos Cuerpo ministro de Economía y refuerza a Montero como vicepresidenta primera". elmundo.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  5. Alcázar, Laura (29 de decembro de 2023). "El extremeño Carlos Cuerpo, de 'sabio' en la desescalada de la pandemia a ministro de Economía". hoy.es. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  6. Bousmaha, Khadija (29 de decembro de 2023). "Carlos Cuerpo Caballero, nuevo ministro de Economía, Comercio y Empresa en sustitución de Nadia Calviño". lasexta.com (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  7. De Antonio, Javier (29 de decembro de 2023). "Sánchez da las riendas del Ministerio de Economía a un perfil técnico, Carlos Cuerpo". larazon.es (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
  8. "El extremeño Carlos Cuerpo toma posesión de su cargo como ministro de Economía". canalextremadura.es (en castelán). 29 de decembro de 2023. Consultado o 2 de xaneiro de 2024. 
Predecesor:
Nadia Calviño
 
Ministro de Economía de España

2023
Sucesor:
no cargo