Carlos Álvarez Fernández-Cid

farmacéutico galego

Carlos Álvarez Fernández-Cid, nado en Santiago de Compostela en maio de 1918[1] e finado en Ribadeo no ano 1984, foi un farmacéutico e afeccionado á música galego.

Infotaula de personaCarlos Álvarez Fernández-Cid
Biografía
Nacementomaio de 1918 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1984 Editar o valor em Wikidata (65/66 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , músico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado en Santiago, chegou a Ribadeo antes de cumprir o ano. Farmacéutico, deu clases no instituto á súa creación. A súa faceta como músico é a que fixo del un persoeiro en Ribadeo. Ós 16 anos era organista da igrexa e director do Coro Parroquial. Dirixiu a tuna universitaria de Santiago nos anos 1943 e 1944 e tamén a Banda Municipal de Ribadeo no 1946 e logo en 1949. No 1948 dirixiu unha formación musical en Abres. Creou en 1955 e mantivo en Ribadeo a Coral Polifónica até o 1983, así como animou diversas outras formacións musicais. Refundou unha rondalla en funcionamento nos anos 1960 e 70,

Centenario editar

Durante o 2018, ano do centenario do seu nacemento, organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática, preparáronse en Ribadeo diversos actos para a súa celebración, como a descoberta dunha placa na súa casa ou a charla de inicio de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo sobre a súa figura.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Un ano de Centenario". 23/5/2018. Arquivado dende o orixinal o 24/05/2018. Consultado o 24/5/2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar