Carcinus é un xénero de crustáceos decápodos braquiúros da familia dos portúnidos.

Etimoloxía editar

O nome Carcinus deriva do grego antigo καρκίνος (karkínos), "cangrexo".

Taxonomía editar

O xénero foi descrito en 1814 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach e comprende tan só dúas especies:[1]

A primeira delas é endémica do mar Mediterráneo, mentres que a segunda é unha importante especie invasora.[2]

Carcinus maenas editar

Artigo principal: Cangrexo común.
 
Carcinus maenas.

Carcinus maenas é unha das 100 peores especies invasoras do mundo. Nativa do nordeste do océano Atlántico e o mar Báltico, colonizou hábitats similares en Australia, Suráfrica, Suramérica e as costas atlánticas e pacíficas de Norteamérica. Medra nunha ancha casca de até 90 mm e aliméntase dunha gran variedade de moluscos, anélidos e pequenos crustáceos, e pode potencialmente afectar a gran número de pescarías. A súa exitosa dispersión produciuse mediante unha variedade de mecanismos, tales como cascos de barcos, materiais de embalaxe, bivalvos trasladados para acuicultura e en madeiras á deriva.

Carcinus aestuarii editar

Artigo principal: Cangrexo do Mediterráneo.
 
Carcinus aestuarii.

Carcinus aestuarii é unha especie propia do mar Mediterráneo.

É moi similar a C. maenas e está considerada por algúns sutores como unha subespecie dela.

Os dous taxa poden distinguirse pola parte dianteira da casca, entre os ollos, que é curto e dentada en C. maenas, e máis suave en C. aestuarii.

A diferenza de C. maenas, C. aestuarii só está implicada nunha invasión; a costa do Xapón foi invadida por un híbrido de ambas as especies.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Carcinus Leach, 1814 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Peter K. L. Ng, Danièle Guinot & Peter J. F. Davie (2008). "Systema Brachyurorum: Part I. An annotated checklist of extant Brachyuran crabs of the world" (PDF). Raffles Bulletin of Zoology 17: 1–286. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xuño de 2011. Consultado o 20 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Türkay, M. (2001): "Decapoda", en: Costello, M. J. et al. eds. (2001): European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar