Carcinoma lobular in situ
O carcinoma lobular in situ (CLIS), é un termo médico que se refire a cambios neoplásicos non cancerosos nas células que revisten os lóbulos da mama nos extremos distais dos condutos mamarios.[1] Denomínase in situ, porque a doenza non é infiltrante. Malia que o carcinoma lobular in situ non é un cancro, a súa presenza indica un risco maior na aparición de cancro de mama, aínda que non todas as pacientes cun carcinoma in situ, incluíndo os peores casos, desenvolven cancro de mama.[2] O carcinoma lobular in situ é máis frecuente en mulleres que aínda non chegaron á menopausa. Descrito por primeira vez por Foote e Stewart en 1941, constitúe entre o 3 ao 5% dos carcinomas da mama e é, polo xeral, unha doenza de mulleres premenopáusicas.[3]
Carcinoma lobular in situ | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Carcinoma lobular in situ, tinguidura hematoxilina-eosina, 20x | |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Histoloxía editar
O CLIS é unha proliferación sólida e oclusiva dos lóbulos e outros condutos perilobulares. Os acinos das glándulas vense dilatados e ocupados por células pequenas e polo xeral uniformes, sendo pleomórficas só na afectación ductal do carcinoma, é dicir, cando aparece nos condutos mamarios. Estas células non invadiron os tecidos máis profundos do seo, nin se propagaron a outros órganos do corpo.[4] De cando en cando vese necrose ou calcificación e de aparecer ocorre nas etapas máis avanzadas da doenza.
Notas editar
- ↑ SILVERA ARENAS, Luz Alba, CAEZ, Clara, CAMARGO, Patricia et al. Análisis de los factores inmunohistopatológicos (receptores hormonales, estrógenos, progesterona y ERB-2) asociados al pronóstico del cáncer de mama en la población de Barranquilla (2004- 2005). Salud, Barranquilla. [online]. jul./dic. 2007, vol.23, no.2 [citado 24 septiembre de 2008], p.150-161. Disponible en la World Wide Web: [1]. ISSN 0120-5552.
- ↑ Breast Cancer Network of Strength. "Carcinoma Lobular in Situ". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2008. Consultado o 02 de maio de 2018.
- ↑ F. Ignacio Aranda López. Carcinoma Lobulillar in situ. Problemas diagnósticos y significado clínico (en español). IV CONGRESO VIRTUAL HISPANOAMERICANO DE ANATOMÍA PATOLÓGICA.
- ↑ Sociedad Americana del Cáncer. Cáncer del seno Arquivado 02 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en español). Último acceso 24 de septiembre de 2008.