Carballeda de Avia

concello da comarca do Ribeiro, na provincia de Ourense

Carballeda de Avia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1390 habitantes (1596 en 2003).O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é carballedés[8] ou aviao.[9]

Carballeda de Avia
Escudo de Carballeda de Avia
Reitoral de Beiro.
Situación
Xentilicio[1]carballedés/carballedesa
aviao/aviá
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Ribeiro
Poboación1.218 hab. (2023)[2][3]
Área47,0 km²[3]
Densidade25,91 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias[4]
Capital do concelloCarballeda de Avia
Política (2019[5])
AlcaldeLuís Milia Méndez (PSdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 5
Outros: AECA: 1
Eleccións municipais en Carballeda de Avia
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes88,92%
Na rede
http://www.carballedadeavia.com/
editar datos en Wikidata ]

Demografía editar

Censo Total 1390 (2014)
Menores de 15 anos 84 (6,04 %)
Entre 15 e 64 anos 735 (52,88 %)
Maiores de 65 anos 571 (41,08 %)
Evolución da poboación de Carballeda de Avia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3463 3449 3312 2822 1601
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía editar

O concello ten 46 km² e abrangue oito parroquias. Está situado entre as serras do Faro e do Suído.

Historia editar

Consérvanse restos da cultura castrexa no poboado de Coto da Moura. Durante a idade media e o antigo réxime a zona pertenceu aos condes de Ribadavia, Lemos e Monterrei., así como ós mosteiros de Celanova, Melón e Oseira.

Patrimonio editar

 
Casa do concello.

A igrexa de Abelenda das Penas é de orixe románica, e estivo relacionada coa Orde do Temple. Preto dela hai un cruceiro do século XVII e restos romanos. No adro da igrexa de San Pedro de Beiro hai un cruceiro con pousadoiro. En Beiro destaca tamén a casa do Priorato.

A igrexa de Muimenta é románica, e nesta parroquia hai unha eira con numerosos canastros. A ermida da Nosa Señora do Lodairo é de estilo románico de transición a gótico, cun peto de ánimas próximo. A igrexa de San Miguel en Carballeda de Avia é barroca.

Patrimonio natural editar

Salienta Pena Corneira, un espazo declarado monumento natural, onde atopamos formacións rochosas senlleiras e un importante patimonio natural.

Heráldica editar

O escudo heráldico do concello é partido e cortado, timbrado con coroa real. En campo de prata, unha carballeira de cor natural. En campo de azul, unha torre redonda de pedra superada dunha aguia voante de sable, picada e membrada de goles. En campo de ouro, unha serra de cor natural (pedra).

Galería de imaxes editar

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Carballeda de Avia

Abelenda das Penas (Santo André) | Balde (San Martiño) | Beiro (San Pedro) | Carballeda (San Miguel) | Faramontaos (San Cosmede) | Muimenta (San Xiao) | Santo Estevo de Nóvoa (Santo Estevo) | Vilar de Condes (Santa María)

Lugares de Carballeda de Avia editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Carballeda de Avia vexa: Lugares de Carballeda de Avia.

Notas editar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Carballeda de Avia".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Carballeda de Avia". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 44. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. Costas González, X.-H. (2016): 'Os xentilicios en galego' en Na universidade con seguridade , páx. 79. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-696-1

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.