Caprera é unha pequena illa de 15´5 km² na costa de Sardeña, Italia, situada no Arquipélago da Maddalena. Situada no Estreito de Bonifacio, é un destino turístico famoso por ser o lugar en que se atopa a casa e a tumba de Giuseppe Garibaldi.

Caprera
Vista áerea do Arquipélago da Magdalena. Illa Caprera é a illa grande da parte centro-superior esquerda.
Localización do arquipélago da Maddalena no norte da illa
Situación
PaísItalia Italia
ProvinciaSassari
ArquipélagoArquipélago da Magdalena
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 41°12′00″N 9°28′00″L / 41.2, 9.4666666666667
Xeografía
Superficie15,7 km²
Punto máis alto212 m Monte Teialone
Demografía
Lingua propiaItaliano

Características editar

É a segunda illa máis grande do arquipélago e ten unha superficie de 16 km² e 45 quilómetros de costa. Monte Teialone é o punto máis alto (212 m). No lado sur-occidental hai un centro de vela moi importante, as numerosas calas e as ancoraxes que se poden atopar ao longo da costa fan o desmbarco fácil. Non hai hoteis, só un complexo con bungalows. Os fondos mariños son unha atración para os naturalistas e os seguidores da arqueoloxía submarina. Foron atopados alí moitos restos de buques de carga romanos, así como a nave de Garibaldi.

Esta illa foi declarada reserva natural das especies de aves mariñas que viven nela (a gaivota real, o corvo mariño e o falcón peregrino). Caprera está unida á illa da Maddalena por unha calzada de 600 metros de longo.

Historia editar

A illa foi bautizada probablemente debido ás numerosas cabras salvaxes que viven nela (capra significa cabra en italiano).

A historia di que logo da ocupación romana Caprera permaneceu deserta durante séculos antes de ser habitadas por grupos de pastores. Máis tarde, en 1855 o Heroe de Dous Mundos (Garibaldi) decidiu instalarse alí e plantou as primeiras árbores do bosque de piñeiros, que cobre a illa na actualidade. Un século despois da morte de Garibaldi, a illa foi liberada das numerosas restricións militares existentes e agora está totalmente aberta ao público.

Giuseppe Garibaldi editar

A illa está ligada a Giuseppe Garibaldi, un patriota italiano e loitador que viviu no século XIX e foi un dos pais da independencia italiana. Comprou a illa en 1855 e morreu en 1882. A súa casa é agora un museo, hai unha capela conmemorativa e toda a illa é un monumento nacional.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar