Capela de San Govan

Coordenadas: 51°35′55″N 4°56′12″O / 51.59861, -4.93667

A Capela de San Govan é unha capela localizada en St. Govan's Head, Pembrokeshire no suroeste de Gales.

Capela de San Govan.

Construída a carón dun cantil de rocha calcaria, o edificio mide 6,1 m × 3,7 m e as paredes foron construídas de pedra calcaria. A capela consta dunha soa cámara.[1] A maior parte da capela foi construída no século XIII, aínda que algunhas partes poden remontarse ata o século VI, cando o monxe San Govan se mudou a unha cova localizada no sitio da capela. Unha lenda suexire que San Govan está enterrado debaixo do altar da capela, situada no extremo leste da construción.[2] A entrada do edificio realízase a través dunha porta no lado norte, os bancos baixos de pedra están construídos aó longo dos muros norte e sur e unha campá en espadana localízase no extremo oeste.[3] Crese que o tellado de lousa é unha adición moderna en comparanza co resto do edificio.[3]

O edificio é accesible dende o cumio do cantil por un conxunto de 52 chanzos,[4] aínda que os puntos de información turística narran que o número de chanzos é diferente cando se baixa que cando se sobe.[5]

O edificio estaba na lista de monumentos clasificados do Reino Unido con Grado I, o 2 de agosto de 1996. Actualmente, está dentro da MOD's Castlemartin East Firing Range.

Notas editar

  1. The Beauties of England and Wales, or, Delineations, topographical, historical, and descriptive, of each county, Volume 18. 1815. p. 805. 
  2. "St Govan's Chapel". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "St Govan's Chapel". Coflein. Royal Commission on the Ancient and Historical Monuments of Wales. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  4. An Inventory of the Ancient Monuments of Wales and Monmouthshire: VII - Country of Pembroke. His Majesty's Stationery Office. 1925. p. 21. 
  5. "St. Govan's Head - Walk 6" (PDF). Pembrokeshire Coast National Park. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2014.