Canu Heledd é unha escolma de englynion galeses de entre os séculos IX e X.

Características editar

A que canta nos poemas é Heledd, filla de Cynddylan, rei dunha parte de Powys no século VII. Cynddylan morreu nunha batalla contra os saxóns, e a súa corte ficou baleira. E Heledd seguiuno na súa pena:

stauell gyndylan ys tywyll heno,
heb dan, heb wely.
wylaf wers; tawaf wedy.
A corte de Cynddylan está escura esta noite,
sen lume, sen leito,
vou chorar un anaco, estarei en silencio despois.

Fai mención tamén de dúas aguias, a aguia Eli e a aguia Pengwern, que se alimentaban cos corpos dos mortos:

eryr penngwern pengarn llwyt [heno]
aruchel y adaf,
eidic am gic a garaf.
A aguia de Penngwern, de grises poutas,
agudo é o seu berro
devece pola carne que amo.

Esta escolma publicouna Ifor Williams en 1935. A novelista Rhiannon Davies-Jones escribiu unha novela sobre a historia de Cynddylan, Heledd e Pengwern chamada Eryr Pengwern.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Ifor Williams (ed.) Canu Llywarch Hen: gyda rhagymadrodd a nodiadau (Caerdydd: Gwasg Prifysgol Cymru, 1935)

Ligazóns externas editar