Cantabile

coro galego

O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile é un coro coruñés nado en 2002 que mestura voces infantís desde os oito anos con voces xuvenís até aproximadamente os trinta anos. Está dirixido polo tenor e mestre de canto Pablo Carballido del Camino.

Cantabile
Na rede
https://corocantabile.gal/
Facebook: CoroinfantiljuvenilCantabile Twitter: Coro_Cantabile Instagram: corocantabile Youtube: UCI4v3spbFNK4cuVIEzPiz6w Souncloud: coro-cantabile Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O Coro Infantil e Xuvenil Cantabile nace froito da asociación que leva o seu mesmo nome como un proxecto cultural e social que integra nenos, mozos e mozas arredor da música vocal clásica. Durante a súa traxectoria ten realizado concertos por toda Galiza, en cidades españolas como Madrid, Burgos ou León, e en cidades europeas como Viena, Roma, Boloña ou Porto.

Na traxectoria de Cantabile destacan varios proxectos. No 2011 produciu e interpretou a ópera Dido and Aeneas de Henry Purcell dentro da programación Xacobeo Classics. Dentro desta mesma programación participou na interpretación da ópera Parsifal de Richard Wagner dirixida por Vasili Petrenko. No 2013, realizou unha retrospectiva da obra vocal de Wolfgang Amadeus Mozart e Joseph Haydn, que foi estreada no Teatro Colón da Coruña en 2013 e que Cantabile gravou no disco Mozart y Haydn en las voces de Cantabile grazas á colaboración do programa Outra+Outra da Deputación da Coruña e a Fundación Paideia nos seus Estudios Mans. No 2014, acometeu a preparación do Requiem de Gabriel Fauré, estreado tamén no Teatro Colón. No 2016 interpretou a Misa da Coroación K317 de Mozart na Coruña e tamén na abadía de Altenburg e na Peterskirche de Viena. Cantabile participou en novembro do mesmo ano no concerto polo 50 aniversario da Fundación Barrié na Catedral de Santiago de Compostela xunto a Carlos Núñez na homenaxe sonora aos instrumentos do Pórtico da Gloria. En 2017, foi convidado a participar na entrega das Medalla Castelao para interpretar o himno galego, así como a cantar na homenaxe a Rosalía de Castro no Panteón dos Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval. No mesmo ano, preparou e estreou no Teatro Colón a primeira parte do Mesías de Georg Friedrich Händel. No 2018, Cantabile ofreceu un concerto en favor da ONG New Light India en que interpretou o Te Deum de Marc Antoine Charpentier.

No 2019, Cantabile produciu e estreou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e o Concello da Coruña o libro-CD Palabras de Luz, un proxecto que reuniu doce poetas e seis compositores e compositoras galegas contemporáneas para crearen doce pezas corais cultas en galego[1]. Ese material foi distribuído a todas as corais, conservatorios e escolas de música de titularidade pública galegas. Por este proxecto, gañou o premio Martín Códax da música galega en 2020[2].

Discografía editar

  • Cantabile, 2006
  • De Profundis (BSO), 2006
  • Antonio Vivaldi. Obra sacra, 2007
  • Sacra et Profana. Dualidad en la polifonía del siglo XVI, 2013
  • Vinde ve-lo neno! Nadal con Cantabile, 2013
  • Mozart y Haydn en las voces de Cantabile, 2014
  • Palabras de luz, 2019

Notas editar

  1. "Á procura dun novo repertorio para corais". 07/02/2020. Consultado o 09/05/2020. 
  2. "Un Martin Codax para Cantabile". 23/10/2020. Consultado o 08/06/2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar