Caneleira

especie de planta
Caneleira

Follaxe e flores da caneleira (C. verum)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Laurales
Familia: Lauraceae
Xénero: Cinnamomum
Especie: C. verum
Nome binomial
'Cinnamomum verum'
J.Presl
Sinonimia[1]
  • Camphorina cinnamomum (L.) Farw.
  • C. aromaticum J.Graham
  • C. barthii Lukman.
  • C. bengalense Lukman.
  • C. biafranum Lukman.
  • C. bonplandii Lukman.
  • C. boutonii Lukman.
  • C. capense Lukman.
  • C. carolinense var. oblongum Kaneh.
  • C. cayennense Lukman.
  • C. cinnamomum (L.) H.Karst. nom. inval.
  • C. commersonii Lukman.
  • C. cordifolium Lukman.
  • C. decandollei Lukman.
  • C. delessertii Lukman.
  • C. ellipticum Lukman.
  • C. erectum Lukman.
  • C. humboldtii Lukman.
  • C. iners Wight [Illegitimate]
  • C. karrouwa Lukman.
  • C. leptopus A.C.Sm.
  • C. leschenaultii Lukman.
  • C. madrassicum Lukman.
  • C. maheanum Lukman.
  • C. mauritianum Lukman.
  • C. meissneri Lukman.
  • C. ovatum Lukman.
  • C. pallasii Lukman.
  • C. pleei Lukman.
  • C. pourretii Lukman.
  • C. regelii Lukman.
  • C. roxburghii Lukman.
  • C. sieberi Lukman.
  • C. sonneratii Lukman.
  • C. vaillantii Lukman.
  • C. variabile Lukman.
  • C. wolkensteinii Lukman.
  • C. zeylanicum Blume nom. illeg.
  • C. zeylanicum Breyn.
  • C. zollingeri Lukman.
  • Laurus cinnamomum L.

A caneleira[2] (Cinnamomum zeylanicum ou Cinnamomum verum) é unha árbore tropical da familia das lauráceas. Ten a folla perenne, duns 10–15 m; é orixinaria da Sri Lanka (antiga Ceilán). Aprovéitase como especia a súa codia interna desecada, chamada canela verdadeira, extraída pelando as pólas e se emprega en rama ou moída (en po).

Etimoloxía editar

O nome da caneleira/canela podería derivar do vocábulo grego kínamon, mais probabelmente veña do vello francés canele, e este do italiano cannella, diminutivo de canna (cana), pola forma de cana que toma a casca seca da caneleira[3].

Distribución editar

Na actualidade cultívase ademais da Sri Lanka, na India, no sur da China, Madagascar e no Brasil.

Hábitat editar

Require un clima quente e húmido, cunha temperatura media anual entre 24 e 30 °C e unha precipitación entre 2.000 e 4.000 mm anuais ben distribuídos durante todo o ano, condicións que se atopan en altitudes entre 0 e 600 msnm. As mellores plantacións medran en terreos chuviosos, de textura areenta e lamacenta, fondos, con alto contido en materia orgánica e excelente drenaxe. Un chan moi lamacento limitaría o crecemento da planta e esta produciría unha casca de baixa calidade.

Descrición editar

Trátase dunha árbore duns 10 metros de altura mais que cultivada adoita ser máis miúda, tomando forma de arbusto sempre verde. A casca, a parte produtivamente máis importante, é marrón cinsenta e ten un ciclo perenne. O seu talo é de consistencia lígnea. As follas son duns 7-25 × 3–8 cm, teñen forma ovalada e rematadas en punta, de cor verde e brillantes pola face con cinco nervios avermellados, un medial e dous por cada banda arqueados que converxen na base e o ápice, e outro conxunto de nervios que forman un ángulo recto con este; o pecíolo é duns 10 – 20 mm, robusto, cunha sinuosa forma cóncava. As súas flores son hermafroditas (contén o androceo e xineceo na mesma flor), de cor branca ou amarela verdoso e recubertas de pelos, bracteadas e actinomorfas. O perianto é indiferenciado, formado por seis tépalos libres. O xineceo é bi-carpelar e o seu androceo está formado por 9 + 3 estames distribuídos en 3 ou 4 verticilos, que cando se produce a dehiscencia das anteras o fai polo vento. As flores, duns 0,5 cm, agrúpanse en panículas que nacen na axila da folla ou tamén na parte terminal e chegan a ter unha lonxitude semellante á das follas. O froito é unha baga longa elipsoidal duns 12,5 cm de cor moi escura, azulada-negra, cunha única semente no seu interior. Reprodúcese das sementes que contén a baga e tamén por multiplicación vexetativa.

Taxonomía editar

Cinnamodendron verum foi descrita por Jan Svatopluk Presl e publicado en O Prirozenosti rostlin, aneb rostlinar 2(2): 36, 37–44. 1825.[4]

Etimoloxía

Cinnamomum: nome xenérico que provén do grego Kinnamon o Kinnamomon, que significa madeira doce. Este termo grego probabelmente provén do hebraico quinamom, o cal ten orixe nunha versión anterior ao termo Kayu manis, que na linguaxe de Malaisia e Indonesia tamén quere dicir madeira doce.

Verum: epíteto que fai referencia á especie que provén do Ceilán, a auténtica e a que máis se comercializa, xa que é a que se considera de mellor calidade, e

Zeylanicum fai referencia ao nome do lugar de orixe Ceilán (Sri Lanka). É mencionada na Biblia como especia aromática moi apreciada.[5]

A palabra galega canela pode vir do francés cannelle, forma, igual que en galego, diminutiva de canne (cana) que designou a partir do século XVI á cana de azucre.

Sinonimia
  • Camphorina cinnamomum (L.) Farw.
  • Cinnamomum aromaticum J.Graham
  • Cinnamomum barthii Lukman.
  • Cinnamomum bengalense Lukman.
  • Cinnamomum biafranum Lukman.
  • Cinnamomum bonplandii Lukman.
  • Cinnamomum boutonii Lukman.
  • Cinnamomum capense Lukman.
  • Cinnamomum carolinense var. oblongum Kaneh.
  • Cinnamomum cayennense Lukman.
  • Cinnamomum cinnamomum (L.) H.Karst.
  • Cinnamomum commersonii Lukman.
  • Cinnamomum cordifolium Lukman.
  • Cinnamomum decandollei Lukman.
  • Cinnamomum delessertii Lukman.
  • Cinnamomum ellipticum Lukman.
  • Cinnamomum erectum Lukman.
  • Cinnamomum humboldtii Lukman.
  • Cinnamomum iners Wight
  • Cinnamomum karrouwa Lukman.
  • Cinnamomum leptopus A.C.Sm.
  • Cinnamomum leschenaultii Lukman.
  • Cinnamomum madrassicum Lukman.
  • Cinnamomum maheanum Lukman.
  • Cinnamomum mauritianum Lukman.
  • Cinnamomum meissneri Lukman.
  • Cinnamomum ovatum Lukman.
  • Cinnamomum pallasii Lukman.
  • Cinnamomum pleei Lukman.
  • Cinnamomum pourretii Lukman.
  • Cinnamomum regelii Lukman.
  • Cinnamomum roxburghii Lukman.
  • Cinnamomum sieberi Lukman.
  • Cinnamomum sonneratii Lukman.
  • Cinnamomum vaillantii Lukman.
  • Cinnamomum variabile Lukman.
  • Cinnamomum wolkensteinii Lukman.
  • Cinnamomum zeylanicum Blume
  • Cinnamomum zeylanicum Breyn.
  • Cinnamomum zeylanicum var. cassia Meisn.
  • Cinnamomum zeylanicum var. cordifolium Hayne
  • Cinnamomum zeylanicum var. foeniculaceum Meisn.
  • Cinnamomum zeylanicum var. inodorum Meisn.
  • Cinnamomum zeylanicum var. microphyllum Meisn.
  • Cinnamomum zollingeri Lukman.
  • Laurus cinnamifera Stokes
  • Laurus cinnamomea Salisb.
  • Laurus cinnamomum L.
  • Laurus montana Link ex Meisn.
  • Laurus rigida Wall.
  • Persea cinnamomum Spreng.[6]

A canela editar

Artigo principal: Canela.

Emprego editar

Moída emprégase nas sobremesas, pasteis, doces etc.; e en rama emprégase para adornar e sazonar algúns pratos. Non obstante, o seu uso máis estendido está no famoso de canela, producido ao ferver as pólas da canela en auga ata obter a infusión, engadindo azucre.

O uso do té de canela, está moi estendido en México e nas zonas de influencia mexicana, como o sur dos Estados Unidos e América Central, chegando a competir con outras bebidas quentes, como o café e o chocolate. Cómpre resaltar que o té se prepara coa variedade de Sri Lanka.

Tamén é un ingrediente de moitas salsas, curri e outros pratos de oriente, onde se empregan as variedades de Sri Lanka e a China, ademais do po e as follas do caneleiro.

Beneficios medicinais editar

A canela é empregada dende a antigüidade na España rural para inducir o sono ós nenos, tanto en infusións como fumado. Foi un relaxante que empregaban as nais rurais para durmir ós nenos á hora de ir traballar ao campo. Tamén foi común o seu uso nas mulleres cando tiñan atrasos na menstruación.

Outros dos beneficios medicinais que proporciona a canela é que cando existen abrasións na lingua por comer ou tomar cousas quentes, a barra de canela serve para sedar a dor e cicatrizar as papilas gustativas.

Notas editar

  1. "The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2013. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caneleira.
  3. Etimoloxía na páxina da Real Academia Española da Lingua
  4. "Caneleira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  5. Exodo 30:23
  6. ["Caneleira en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2013.  Caneleira en PlantList]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Ficha da canela en Infojardín.com (en castelán)