Candai, Outeiro de Rei

parroquia civil do concello de Outeiro de Rei

San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 40 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

Candai
Igrexa parroquial de Candai
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°05′35″N 7°43′36″O / 43.0931292, -7.7267143Coordenadas: 43°05′35″N 7°43′36″O / 43.0931292, -7.7267143
Poboación62 hab. (2020)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Situada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas. Alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m.).

Patrimonio editar

Existe un reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai.

A igrexa parroquial de San Vicente de Candai foi reedificada en 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.

Festas editar

  • San Vicente o 22 de xaneiro.
  • San Antonio o 13 de xuño.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Candai editar

Lugares da parroquia de Candai no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Candai de Abaixo | Candai de Arriba | Currás | Lavadoiro | Mangoeiro | As Penas | Piñeiro | Susavila

Parroquias de Outeiro de Rei editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar