Canal Sur Televisión

canle de televisión de emisión en Andalucía

Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.

Canal Sur Televisión
Inicio das emisións 28 de febreiro de 1989
Propiedade de RTVA
Formato da imaxe 1080i HDTV
Datos de audiencia 10,3% (Outubro de 2012, VerTele)
Slogan Te va a Gustar
País España España
Lingua Castelán
Área de emisión Andalucía Andalucía
Ceuta
Melilla
Xibraltar
Canle/s irmá(s) Canal Sur 2
Canal Sur HD
Andalucía Televisión

Na rede
www.canalsur.es

Historia editar

Canal Sur comezou as súas emisións o 28 de febreiro de 1989, coincidindo coa festividade do día de Andalucía. Por aquel entón, a oferta televisiva de España reducíase as dúas cadeas públicas do estado (TVE), coa excepción doutras comunidades autónomas como Galicia (TVG), Cataluña (TV3) ou o País Vasco (ETB) que xa contaban coa súa propia cadea autonómica.

A televisión autonómica andaluza naceu coa intención de servir como instrumento da información e participación para todos os andaluces na sociedade, cultura e política do país. Ademais, pretendía ser un medio de difusión dos valores históricos e lingüísticos de Andalucía.

Canal Sur 2 apareceu en xuño de 1998, co que a oferta televisiva de RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.

Canal Sur HD comezou as súas emisións en probas o 26 de febreiro de 2010. Comezou como unha única canle, en resolución 1080i, e con presenza no ámbito da provincia de Sevilla.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar