Canal Super3 é unha canle de Televisió de Catalunya, a emisora pública de Cataluña, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comezou a emitir o 18 de outubro de 2009 en substitución do K3.

Canal Super3
Inicio das emisións 18 de outubro de 2009
Propiedade de CCMA
Formato da imaxe 16:9
Datos de audiencia 1,5% (outubro de 2012, TV3)
País España España
Lingua Catalán
Área de emisión Cataluña Cataluña
Illas Baleares
Andorra
Francia Pireneos Orientais
Sede central Sant Joan Despí
Canle que substitúe K3
Canle/s irmá(s) TV3
El 33
Esport 3
3/24
3XL
TV3CAT
TV3HD

Na rede
www.ccma.cat/tv3/super3/

O nome da canle baséase no programa infantil máis popular da cadea, Club Super3, en emisión desde 1991.

Historia editar

Coa chegada do apagamento analóxico no ano 2010, Televisió de Catalunya remodela a súa oferta na televisión dixital terrestre. Entre outros cambios, decídese modificar a oferta de programación infantil e xuvenil, e substituír a canle K3. Anteriormente, existiu unha canle coa mesma denominación que emitiu na plataforma Vía Dixital. A inauguración da canle tivo lugar durante La Festa dels Súpers, o 18 de outubro de 2009.

Programación editar

A diferenza de K3, que estaba ideado a un público infantil e xuvenil, a programación de Super3 está enfocada a un público de idade inferior aos 9 anos. Ademais dos programas cos que xa se contaba antes, á programación chegaron outros espazos como a serie nipoa Blue Dragon.

A programación non está diferenciada por bloques específicos, polo que desapareceron espazos como 3xl.cat.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre televisión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.