No antigo politeísmo celta, Camulus ou Camulos era deus que os romanos interpretaron como Marte.[1] Foi unha deidade importante na antiga Britania e Galia, especialmente entre os remos,[1] unha tribo gala que viviu nunha área da moderna Bélxica.

Camulus aparece xunto a Marte en cinco inscricións achadas en Reims,[2] Arlon,[3] Rindern,[4] Maguncia,[5] e Bar Hill, Escocia.[6] O nome Camulos aparece nunha inscrición votiva de Roma.[7]

En Rindern, Alemaña, Mars Camulos aparece nunha pedra cunha coroa de carballo.[1] Noutro lugar foi representado con cabeza de carneiro.[1] Probas da súa popularidade pódense ver nos numerosos topónimos, sendo o máis salientable Camulodunum.[1]

O asentamento de Camulodunum (hoxe Colchester) en Essex pode deber o seu nome ó deus, e é a posible base da cidade lendaria de Camelot.[8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Camulus." A Dictionary of Celtic Mythology. Oxford University Press, 1998, 2004.
  2. ILTG 351. Inscriptions as cited by Bernhard Maier, Dictionary of Celtic Religion and Culture (Boydell & Brewer, 1997, originally published in German 1994), p. 57.
  3. CIL 13.3980.
  4. CIL 13.8701.
  5. CIL 13.11818.
  6. RIV 2166.
  7. CIL 6.3.
  8. Arthur Cotterell (1997). The Encyclopedia of Mythology: Classical, Celtic, Norse. Anness Publishing Ltd.