Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007

O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.

Modelo:Competición deportivaCampionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007
Imaxe
TipoCampionato do mundo de ciclismo de montaña e trial Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Corrida (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg13, Cross country
Corrida (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg6, Trial Editar o valor em Wikidata
LocalizaciónFort William (pt) Traducir (Highland) 56°49′01″N 5°06′35″O / 56.8169, -5.1097Coordenadas: 56°49′01″N 5°06′35″O / 56.8169, -5.1097 Editar o valor em Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo4 de setembro de 2007 – 9 de setembro de 2007 Editar o valor em Wikidata
Número de edición18  (2007) Editar o valor em Wikidata

Localización editar

 
Instalacións da estación de esquí, aproveitadas para a proba de descenso

As instalacións das probas atópanse a uns 10 km do centro da cidade de Fort William, no oeste de Escocia, saíndo en dirección noroeste cara a Inverness. O contorno é localización da estación de esquí de Nevis Range. As pistas de descenso e four cross estaban situadas nas abas do Ben Nevis, o monte máis elevado de toda a illa, mentres que o circuíto de cross se desenvolvía ao seu pé.

Nestas instalacións dispútanse todos os anos probas da Copa do Mundo de ciclismo de montaña, e son un lugar permanente de adestramento para ciclistas de montaña.

Probas editar

Disputáronse probas nestas especialidades:

  • Cross: masculino e feminino, en tres categorías: absoluto, sub23 e júnior. A categoría júnior correu sobre unha distancia de 25,6 km, a feminina absoluta e sub23 sobre 34,2 km, a masculina sub23 sobre 42,8 km, e a absoluta masculina sobre 51,4 km.
  • Descenso: masculino e feminino, en dúas categorías: absoluto e júnior.
  • Four-cross: masculino e feminino
  • Remudas: mixto
  • Trial: masculino, con rodas de 20 e 26 polgadas, e mais feminino. O masculino en categorías absoluta e júnior. Ademais, houbo unha competición por equipos.

É a primeira vez que se competía en remudas, e tamén a primeira vez que o trial se facía en categoría feminina e por equipos.

Presenza galega editar

Logo da rotura de clavícula da ciclista Eva Castro ao comezo da tempada, o que impediu a súa presenza no campionato, o único galego en Fort William foi José Antonio Hermida, medallista olímpico. Compite na proba de cross, en categoría absoluta, e quedou en décima posición.

Resultados editar

Proba      
Cross mulleres Irina Calentieva • 1:44'08"   Sabine Spitz • 1:44'47"   Wang JingJing • 1:45'50"  
Cross homes Julien Absalon • 2:17'06"   Ralph Naef • 2:17'32"   Florian Vogel • 2:18'00"  
Cross mulleres (sub23) Liu Ying • 1:45'43"   Chengyuan Ren • 1:49'15"   Elisabet Osl • 1:51'03"  
Cross homes (sub23) Jakob Fulgsang • 1:54'04"   Nino Schurter • 1:55'48"   Yaroslav Kulhavy • 1:57'25"  
Cross mulleres (júnior) Alla Boico • 1:25'14"   Jitka Skarnitzlova • 1:25'43"   Julie Bresset • 1:26'50"  
Cross homes (júnior) Thomas Litscher • 1:37'06"   Piotr Brzozka • 1:37'33"   David Fletcher • 1:37'47"  
Descenso mulleres Sabrina Jonnier • 5'28"35   Rachel Atherton • 5'32"36   Tracey Hannah • 5'39"89  
Descenso homes Sam Hill • 4'52"01   Fabien Barel • 4'52"65   Gee Atherton • 4'56"38  
Descenso mulleres (sub23) Floriane Pugin • 5'50"18   Katy Curd • 6'17"30   Myriam Nicole • 6'41"48  
Descenso homes (sub23) Ruarifh Cunningham • 5'06"82   John Swanguen • 5'08"89   Matthew Scoles • 5'09"07  
Four-cross mulleres Jill Kintner   Anneke Beerten   Melissa Buhl  
Four-cross homes Brian Lopes   Romain Saladini   Jurg Meijer  
Remudas   Suíza • 1:33'36"   Polonia • 1:34'25"   Estados Unidos • 1:34'45"
Trial mulleres Karin Moor • 7 pt   Gemma Abant Condal • 10 pt   Mireia Abant Condal • 11 pt  
Trial homes absoluto (rodas de 26 p.) Vincent Hermance • 9 pt   Gilles Coustellier • 10 pt   Kenny Belaey • 12 pt  
Trial homes absoluto (rodas de 20 p.) Benito Ros Charral • 6 pt   Carles Díaz Codina • 7 pt   Daniel Comas Riera • 10 pt  
Trial homes sub23 (rodas de 26 p.) Aurélien Fontenoy • 6 pt   Loris Braun • 17 pt   Hannes Herrmann • 19 pt  
Trial homes sub23 (rodas de 20 p.) Aurélien Fontenoy • 10 pt   Eduard Planas Núñez • 18 pt   Kevin Aglae • 22 pt  
Trial por equipos   España • 387 pt   Francia • 375 pt   Alemaña • 337 pt

Medalleiro editar

Posto País       Total
1   Francia 6 4 2 12
2   Suíza 3 3 1 7
3   España 3 3 2 7
4   Estados Unidos 2 1 2 5
5   China 1 1 1 3
6   Australia 1 1 2
7   Rusia 1 1
  Dinamarca 1 1
9   Reino Unido 3 2 5
10   Alemaña 2 1 3
  Polonia 2 2
12   Países Baixos 1 1 2
13   Austria 1 1
  República Checa 1 1
  Nova Zelandia 1 1
  Bélxica 1 1