Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns

O Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns é unha competición internacional de seleccións nacionais de hóckey a patíns, sendo a segunda división do Campionato do Mundo deste deporte. Está organizado pola FIRS e despútase cada dous anos en alternancia co Campionato do Mundo A. A competición está formada por 12 equipos que tratan de chegar á elite mundial, o Campionato do Mundo "A". Os tres primeiros clasificados deste mundial pasan a xogar ao ano seguinte no Campionato do Mundo A, ocupando as prazas dos tres últimos clasificados do mesmo (que descenden á segunda división), coa única excepción da edición do ano 2004, no que a selección de Cataluña gañou o campionato e non disputou o Campionato do Mundo A debido á súa non admisión como membro da FIRS pola oposición española.

Historial editar

Edición Ano Sede Campión 2º clasificado 3º clasificado 4º clasificado
I 1984 París (Francia)   Francia   Bélxica   Inglaterra   Angola
II 1986 Cidade de México (México)   Alemaña   Países Baixos   Mozambique   Australia
III 1988 Colombia   Colombia   Suíza   Chile   Australia
IV 1990 Macau   Brasil   Suíza   Australia   Inglaterra
V 1992 Andorra la Vella (Andorra)   Andorra   Francia   Mozambique   Angola
VI 1994 Chile   Francia   Angola   Chile   Colombia
VII 1996 Cidade de México (México)   Estados Unidos   Países Baixos   Colombia   Andorra
VIII 1998 Macau   Chile   Estados Unidos   Mozambique   Andorra
IX 2000 Chatham (Inglaterra)   Inglaterra   Países Baixos   Canadá   Uruguai
X 2002 Montevideo (Uruguai)   Andorra   Colombia   Inglaterra   Uruguai
XI 2004 Macau   Cataluña[1]   Inglaterra   Andorra   Macau
XII 2006 Montevideo (Uruguai)   Mozambique   Países Baixos   Colombia   Macau
XIII 2008 Vanderbijlpark (Suráfrica)   Estados Unidos   Países Baixos   Colombia   Suráfrica
XIV 2010 Dornbirn (Austria)   Estados Unidos   Suráfrica   Países Baixos   Austria
XV 2012 Canelones (Uruguai)   Suráfrica   Inglaterra   Austria   Uruguai
XVI 2014 Canelones (Uruguai)   Austria   Inglaterra   Países Baixos   Estados Unidos

Palmarés dende 1984 editar

Equipo Campionatos gañados
  Estados Unidos 3 (1996, 2008, 2010)
  Francia 2 (1984, 1994)
  Andorra 2 (1992, 2002)
  Alemaña 1 (1986)
  Colombia 1 (1988)
  Brasil 1 (1990)
  Chile 1 (1998)
  Inglaterra 1 (2000)
  Cataluña 1 (2004)
  Mozambique 1 (2006)
Total 13

Notas editar

  1. Cataluña, a pesar de gañar o Mundial B en 2004, non participou no Mundial A do 2005 ao non ser ratificada a súa admisión provisional na FIRS a causa da oposición española.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar