O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1961 é o duodécimo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a cuarta Copa Internacional de Construtores de F1. Con 8 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 14 de maio, e finalizou o 8 de outubro. Phil Hill co Ferrari gañou o campionato de pilotos, o seu compañeiro de equipo e rival Wolfgang von Trips morreu no Gran Premio de Italia, a penúltima carreira da tempada. Ferrari gañou o seu primeiro Campionato de Construtores.
O primeiro ano dos Fórmula 1 de 1´5 litros foi dominado por un ben preparado equipo Ferrari. Só Stirling Moss, nun anticuado de Lotus, foi capaz de gañarlle ao Ferrari en dúas ocasións, onde as súas habilidades compensaron a vantaxe do poder de Ferrari. A disputa para o campionato entre os pilotos de Ferrari, Phil Hill e Wolfgang von Trips, terminou en traxedia cando von Trips chocou con Jim Clark en Monza, matando ao piloto de Ferrari e a 14 espectadores. Giancarlo Baghetti gañou o seu único Gran Premio do campionato no seu debut. Co cambio de fórmula e a introdución do Gran Premio dos Estados Unidos, as 500 millas de Indianápolis foron eliminadas do campionato.
O número de puntos atribuídos ao gañador dunha carreira foi aumentado a nove.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Clasificación do Mundial de Construtores de 1961editar
Os puntos concédense da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 para os seis primeiros en cada carreira. Só o primeiro coche clasificado de cada equipo puntua e só os 5 mellores resultados contan para o Campionato de construtores. Os números sen paréntese son os puntos validos para o Campionato; os números entre paréntese representan o total de puntos anotados.
Só os 5 mellores resultados contan para o título. Os números sen paréntese son puntos do campionato, os números entre paréntese son puntuación total obtida.