Campaña galega de 1384
A Campaña galega de 1384 foi unha campaña naval portuguesa comandada polo nobre castelán Don Pedro de Trastámara, ás ordes do rei Xoán I de Portugal, no marco da crise 1383-1385.
Mentres o rei Xoán I de Castela decidía atacar Lisboa, os portugueses fixeron unha serie de ataques a Galicia, conquistando as cidades de Baiona, A Coruña e Neda, e queimando a cidade de Ferrol. Ademais os portugueses destruiron dous grandes navíos casteláns e capturaron unha galera. Os tres barcos levaban materiais para o exército castelán que asediaba Lisboa.
A frota portuguesa retirouse a Porto cando chegou á costa galega unha frota castelá comandada por Fernando Sánchez de Tovar.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- da Cruz Coelho, Maria Helena (2005). Dom João I. Reis de Portugal X. Lisboa: Círculo de Leitores. p. 48. ISBN 9789727599677.