Camilo Sesto

compositor, cantante e produtor musical español

Camilo Blanes Cortés, máis coñecido artisticamente como Camilo Sesto, nado en Alcoi (Provincia de Alacant) o 16 de setembro de 1946 e finado o 8 de setembro de 2019, foi un compositor, cantante e produtor musical español. Acadou sona pola súa interpretación na ópera-rock Jesucristo Superstar.

Infotaula de personaCamilo Sesto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Camilo Blanes Cortés Editar o valor em Wikidata
16 de setembro de 1946 Editar o valor em Wikidata
Alcoi, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de setembro de 2019 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Insuficiencia renal Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaAlcoi Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCamilo Sesto Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , produtor musical , pintor , compositor de cancións , compositor , actor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor em Wikidata - 8 de setembro de 2019 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoLatin ballad (en) Traducir, música pop e música rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua portuguesa e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz, guitarra, Batería e baixo Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0785975 Allocine: 500973 Allmovie: p64600
Facebook: camilosestooficial Twitter: CamiloSesto Instagram: camilosesto_oficial Spotify: 2Cy7KBSkqu7otJfuMTWT7Y iTunes: 332206 Musicbrainz: 138fe36a-0888-40d2-9390-3d9be0d74f07 Songkick: 498762 Discogs: 444653 Allmusic: mn0000540139 Find a Grave: 202838149 Genius: Camilo-sesto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo de Eliseo Blanes e Joaquina Cortés, procedente dunha familia humilde. Iniciouse no mundo da música no coro do seu colexio. A mediados da década de 1960 formou parte do grupo pop Los Dayson, cantando en vodas e bautizos pola comarca, interpretanndo cancións de The Beatles, Bee Gees ou o Dúo Dinámico. Logo de editar un disco, en 1965 viaxan a Madrid para participar no concurso de Televisión Española Salto a la Fama, onde interpretaron "Flamenco", de Los Brincos. Camilo Sesto quedou na capital tras esta actuación, tocando instrumentos e facendo coros para outros músicos. En 1966 Sesto pasou a formar parte de Los Botines, cos que en 1967 participou na rodaxe da versión cinematográfica española de El flautista de Hamelín, protagonizada por Miguel Ríos.

Despois de facer o servizo militar en Almería, e cantar coros para Juan Pardo, en 1970 comezou a súa carreira en solitario como "Camilo Sexto" (con "x"). O propio Juan Pardo produciu o seu primeiro disco, con dous temas: "Llegará el verano" e "Sin dirección". En 1971 modifica o seu nome artístico, pasando ao definitivo "Camilo Sesto". Aparece na Televisión Española como solista interpretando "Buenas noches", adaptación pop da célebre canción de berce de Johannes Brahms.

Na década de 1970 publicou varios discos, e participou en concursos como Canción 71, Festival da Canción do Atlántico en Puerto de la Cruz, o II Festival OTI da Canción ou o Festival de Viña del Mar. En 1975 estreou Jesucristo Superstar no teatro Alcalá-Palace de Madrid, obra orixinal de Andrew Lloyd Webber.

Proseguiu a década de 1980 con numerosas actuacións nos EUA e en Latinoamérica, ao tempo que seguiu compoñendo novos temas e editando discos. Na década de 1990 reduciu notablemente o seu número de actuacións por mor de problemas hepáticos. En 2000 gravou o musical de The Phantom of the Opera, de Andrew Lloyd Webber, se ben non se puido chegar a publicar o CD. Coa chegada de Operación Triunfo, compuxo varios temas para David Bustamante, e en 2002 lanzou o álbum Alma, co sinxelo Mola mazo.