Camilo Castelo Branco

Camilo Ferreira Botelho Castelo Branco, nado en Lisboa o 16 de marzo de 1825 e finado en São Miguel de Seide o 1 de xuño de 1890[1], foi un escritor portugués.

Infotaula de personaCamilo Ferreira Botelho Castelo-Branco

Camilo Castelo Branco, gravura de Francisco Pastor.
Nome orixinal(pt) Camilo Castelo Branco Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Camilo Ferreira Botelho Castelo Branco Editar o valor em Wikidata
16 de marzo de 1825
Lisboa, Portugal
Morte1 de xuño de 1890
São Miguel de Seide, Portugal
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta , dramaturgo , tradutor , historiador Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticonovelas, poesías
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webcamilocastelobranco.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0144876 Bitraga: 128 Musicbrainz: dad431f3-d646-44c8-988f-58fc770b6b94 Discogs: 4559814 IMSLP: Category:Castelo_Branco,_Camilo WikiTree: Castelo_Branco-1 Find a Grave: 223373020 Editar o valor em Wikidata

Tivo unha vida atribulada que lle serviu moitas veces de inspiración para as súas novelas. Foi o primeiro escritor de lingua portuguesa capaz de vivir exclusivamente dos seus escritos literarios.[2] A pesar de ter que escribir para un público, suxeitándose así aos ditames da moda, conseguiu ter unha escrita moi orixinal.

Traxectoria editar

Orfo de mai cando tiña apenas un ano de idade e orfo de pai da cando dez anos, estas mortes creáronlle un carácter de eterno insatisfeito coa vida. Estando orfo, foi recollido por unha tía de Vila Real, nos Tras-os-Montes, e despois por unha irmá máis vella en Vilarinho de Samardã, no 1839 recibindo unha educación irregular a través de dous curas de provincia.

Na súa adolescencia formouse lendo os clásicos latinos e portugueses, lendo literatura eclesiástica, ademais do contacto coa vida ao aire libre transmontano. Aos dezaseis anos contrae matrimonio con Joaquina Pereira que cedo abandona. O seu carácter inestábel e inquedo lévao a amores tumultuosos (Patrícia Emília, a freira Isabel Cândida).

Aínda cando vivía con Patrícia Emília de Barros, Camilo publicou, n' O Nacional, correspondencia contra José Cabral Teixeira de Morais, gobernador civil. Debido a este desencontro foi mallado polo «Ollos-de-Boi», un matón do gobernador. As súas irreverentes correspondencias xornalísticas valéranlle, en 1848, unha nova agresión a cargo de Cazadores 3. Camilo abandona a Patrícia nese mesmo ano, fuxindo para casa da irmá, residente agora en Covas do Douro.

Camilo tenta cursar medicina no Porto. A partir de 1848 fai unha vida de bohemia, repartindo o seu tempo entre os cafés e os salóns burgueses, dedicándose entre tanto ao xornalismo.

Apaixónase por Ana Plácido, e cando esta casa, ten, de 1850 a 1852, unha crise de misticismo, chegando a ingresar no seminario, que abandonará. Ana Plácido era muller dun negociante portuense chamado Pinheiro Alves, un "brasileiro" (de aí a aparición do tipo do "brasileiro", emigrante enriquecido retornado do Brasil, tantas veces nas súas novelas, case sempre de maneira depreciativa). Camilo seduce e rapta Ana Plácido e, despois dalgún tempo agachados, son capturados polas autoridades e xulgados. Este caso emocionou a opinión pública polo seu contido, tipicamente romántico, do amor contrariado que se ergue e revela contra das convencións sociais. Fican presos na lóbrega cadea da "relação" do Porto, onde Camilo escribiu Memórias do Cárcere, tendo alí coñecido o famoso delincuente Zé do Telhado. Despois de absolvidos do crime de adulterio, Camilo e Ana Plácido pasan a vivir xuntos.

Entre tanto Ana Plácido ten un fillo, de orixe incerta, teoricamente de seu antigo marido Pinheiro Alves, ao que se suman logo dous máis de Camilo. Cunha familia para sustentar Camilo vai escribir a un ritmo alucinante.

Cando o exmarido de Ana Plácido, Pinheiro Alves, falece en 1863, os amantes van vivir para a súa casa, en São Miguel de Seide, no concello de Vila Nova de Famalicão. En 1885 obtén o título de vizconde de Correia Botelho. O 9 de marzo de 1888 casa con Ana Plácido.

Camilo pasa os últimos anos da súa vida ao lado de Ana Plácido. No en tanto, non encontra a estabilidade emocional que procura. As dificultades financeiras son moitas e os fillos danlle enormes preocupacións: considera Nuno irresponsábel e Jorge sofre dunha doenza mental. A progresiva e crecente cegueira (causada pola sífilis), impide Camilo ler e traballar correctamente, o que o mergulla nun enorme desespero. Ás 15h15 do 1 de xuño de 1890, despois da visita dun oftalmólogo que lle confirmara a gravidade do seu estado, Camilo métese na tempa dereita un tiro de revólver, acabando por morrer ás 5 da tarde do mesmo día.

Obras editar

 
Amor de Perdição (2012), do escultor Francisco Simões, no Porto, Portugal.

Notas editar