Camiño do Corgo é unha publicación trimestral editada polo Grupo de Normalización Lingüística (GNL) do IES Monelos da Coruña.

Traxectoria editar

Fundado en 1998 co obxectivo de promove-la lingua e cultura galegas entre o seu alumnado, a publicación leva o nome dunha rúa próxima ó instituto, pola que cada mañá centos de rapazas e rapaces se dirixen a este centro. O seu mantemento estivo organizado dende un primeiro momento polo seminario de lingua galega, pola profesora María Xosé Sánchez López, a coordinadora do xornal. Tamén colaboraron persoas coma Mercedes Queixas ou Óliver Laxe.

No curso 1999-2020 a revista continuou a súa andaina en formato dixital cunha periodicidade anual e leva desde entón cinco números publicados seguindo o espírito da súa fundación e ao servizo do Equipo de Normalización Lingüística do IES Monelos.