Camellia reticulata

especie de planta

Camellia reticulata
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiospermae
(sen clasif.): Eudicots
(sen clasif.): Asterids
Orde: Ericales
Familia: Theaceae
Tribo: Theeae
Xénero: Camellia
Especie: C. reticulata
Nome binomial
'Camellia reticulata'
Lindl.

Camellia reticulata[1], a camelia reticulada, é unha especie de Camellia nativa do suroeste da China, na provincia de Yunnan. A poboación silvestre está restrinxida aos bosques de montaña no oeste e centro de Yunnan.[2] Atopámola en Galiza coma ornamental nalgúns arboredos, malia non ser tan abundante coma a camelia do Xapón.

Descrición editar

É un arbusto ou árbore miúda, que pode acadar até os 10-15 metros de altura.[3] As follas son elípticas a oblongo-elípticas, de 5–11 cm de longo e 4-5.5 cm de largo. As veas das follas son escuras.[4] As flores teñen 6–10 cm de diámetro, son de cor rosa suave a rosa forte, con 5-11 pétalos. Son terminais ou axilares;[1] florea de xaneiro a marzo no sueste da China.[4] O froito é unha cápsula de aproximadamente 3,6 cm de longo e 4,6 cm de diámetro.[5]

Usos editar

É o emblema floral de Yunnan. Tense cultivado ao longo da súa historia, tanto polo óleo de camelia como polo seu valor como planta ornamental.[6]

Árbores senlleiras editar

A camelia reticulada do Pazo de Oca figura no catálogo de Árbores senlleiras de Galicia elaborado pola Xunta de Galicia.

Sinónimos editar

  • Camellia albescens Hung T.Chang
  • Camellia albosericea Hung T. Chang
  • Camellia albovillosa Hu ex Hung T. Chang
  • Camellia bailinshanica Hung T. Chang, et al.
  • Camellia bambusifolia Hung T. Chang, H.S.Liu & Y.Z.Zhang
  • Camellia borealiyunnanica Hung T. Chang
  • Camellia brevicolumna Hung T. Chang, H.S. Liu & Y.Z. Zhang
  • Camellia brevigyna Hung T. Chang
  • Camellia brevipetiolata Hung T. Chang
  • Camellia chunii (Hung T. Chang) Hung T. Chang
  • Camellia chunii var. pentaphylax Hung T. Chang
  • Camellia heterophylla Hu
  • Camellia jinshajiangica Hung T. Chang
  • Camellia kangdianica Hung T. Chang, et al.
  • Camellia kweichowensis Hung T. Chang
  • Camellia oligophlebia Hung T. Chang
  • Camellia paucipetala Hung T. Chang
  • Camellia pentapetala Hung T. Chang
  • Camellia pentaphylacoides Hung T. Chang
  • Camellia pentaphylax Hung T. Chang
  • Camellia pitardii var. yunnanica Sealy
  • Camellia stichoclada Hung T. Chang
  • Camellia subliberopetala Hung T. Chang
  • Camellia xichangensis Hung T. Chang
  • Camellia xylocarpa (Hu) Hung T. Chang
  • Desmitus reticulata (Lindl.) Raf.
  • Thea reticulata (Lindl.) Pierre
  • Yunnanea xylocarpa Hu[7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Species R-S". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  2. "IUCN Red List of Threatened Species". Arquivado dende o orixinal o 09 de maio de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  3. "The Hungington:The Camellia Garden". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 12 de setembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Camellia reticulata Lindl.
  5. The Week at the Garden: Camellia Fruit (21 de febreiro 2005)
  6. The Week at the Garden: Camellia Fruit (21 de febreiro de 2005)
  7. "Camellia reticulata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de novembro de 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar