Call of Duty: Roads to Victory

(Redirección desde «Call of Duty: Roads to victory»)

Call of Duty: Roads to victory é un videoxogo pertencente á serie Call of Duty programado por Amaze Entertainment e distribuído por Activision para PSP. O xogo é un FPS (first person shooter) ambientado na segunda guerra mundial. Narra unha serie de combates reais nos que interviron soldados da 82 División Aerotransportada, no I Exército canadense e a VIII Forza Aérea.

Call of Duty: Roads to Victory
Desenvolvedor(es)Amaze Entertainment
Distribuidora(s)Activision
Lanzamento13 de marzo de 2007
Xéneroxogo de tiros en primeira persoa
Modos de xogovideoxogo multixogador e videoxogo para un xogador
Plataforma(s)PlayStation Portable
editar datos en Wikidata ]

Campaña editar

Inclúe 14 misións da guerra, nas que se inclúen a Operación Market Garden, a Operación Detroit e a Operación Blockbuster.

Multixogador editar

Roads to Victory inclúe un modo multixogador vía inalámbrica ad hoc para 6 xogadores.

Recepción e crítica editar

O xogo recibiu críticas en torno ao 6, acadando un resultado de 64 en Metacritic [1].

Vendas editar

As vendas ascenderon a aproximadamente 1,41 millóns de unidades [2].

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2010. 
  2. http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=6054