O calimocho[1], do éuscaro kalimotxo, é un combinado de viño tinto e refresco carbonatado de cola, preparado en diversas partes con distintos nomes e variantes na súa mestura.

O kalimotxo adoita ser preparado de forma caseira e en grandes cantidades.

Preparación editar

 
Vaso de plástico grande de kalimotxo.

Acostúmase usar viño de mesa polo seu prezo accesible e porque o refresco oculta as propiedades dos viños máis caros. Dado que é unha bebida usada en festas populares, adóitaselle engadir xeo para arrefrialo.

En ocasións engádeselle un pouco de licor, ben de bebidas espirituosas (vodka ou ron), ben doutros licores (sabor a amorodo), ben viño branco, ou ben outros refrescos con sabor a laranxa ou limón.

É frecuente o seu uso nos botellóns. A preparación máis frecuente, por comodidade e economía, é a mestura a partes iguais de dous tetrabricks de viño (formato habitual do viño barato) e dous litros de cola.

Nome editar

A orixe do nome non está clara. Na década de 1970 era coñecido segundo as zonas como cuba libre pobre ou rioja libre. Segundo a sabedoría popular, o termo "kalimotxo" procede do éuscaro. En 1972, nas festas de Getxo (Biscaia) a mestura foi chamada así polo grupo de amigos Antzarrak[2]. Nunha txosna (caseta con barra de bar) tiñan o viño picado, e para non tiralo mesturárono con cola. Os artífices foron dous rapaces alcumados Kalimero e Motxo que deron nome á bebida. O termo iríase estendendo por Euskadi e pola Península Ibérica.

Notas editar

  1. Entrada en digalego.xunta.gal.
  2. "En el nombre del kalimotxo" Arquivado 21 de outubro de 2008 en Wayback Machine., artigo en El Correo Digital, 10 de setembro de 2006 (en castelán).