Calicrátidas foi un comandante naval espartano durante a Guerra de Decelia, a última fase da Guerra do Peloponeso.

Infotaula de personaCalicrátidas
Nome orixinal(el) Καλλικρατίδας Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V a. C. Editar o valor em Wikidata
Morte406 a. C. Editar o valor em Wikidata
Arginusae (en) Traducir, preto do lugar Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Navarco (pt) Traducir
406 a. C. – 406 a. C.
← Lisandro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEsparta Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAntigüidade clásica Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército espartano Editar o valor em Wikidata
Rango militarnavarco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoBattle of Arginusae (en) Traducir e Battle of Mytilene (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

No ano -406 foi enviado ao Exeo para tomar o mando da frota espartana de Lisandro, o primeiro navarca. O período de tempo en que Calicrátidas exerceu de navarca foi breve e tropezou con varias dificultades. Principalmente, as intrigas do seu predecesor, quen aparentemente devolvera o diñeiro co que a frota debía ser pagada polo príncipe persa Ciro. Calicrátidas necesitaba o diñeiro de Ciro para pagar aos seus homes, pero, como un espartano tradicionalista, era remiso a pedilo a un persa. Os seus intentos pouco entusiastas de conseguir o financiamento de Ciro non se concretaron, e foi forzado a atopar unha fonte alternativa de fondos, que a cidade de Mileto ao final proveu.

Despois de gañar unha vitoria inicial contra o almirante ateniense Conón, Calicrátidas enfrontouse cunha considerábel frota ateniense enviada para auxiliar a Conón. Enfrontouse a esta frota na batalla de Arxinusas. O seu continxente naval foi completamente derrotado, e Calicrátidas morreu. Tras a súa morte, Lisandro, regresou de Esparta para ocupar o posto de navarca outra vez.

Calicrátidas é lembrado como un espartano da vella escola. Desdeñou a política de alianza con Persia que fora aprobada baixo Lisandro, e declarou que se a elección fose súa, buscaría a paz con Atenas. O papel crecente do diñeiro na política e a diplomacia espartanas, ofendía a súa tradicionalista, antimaterialista sensibilidade. Aínda que fracasou no seu mando, gañou o respecto de moitos espartanos e aliados, e foi moi ben considerado despois da súa morte.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fine, John V.A. The Ancient Greeks: A critical history (Harvard University Press, 1983) ISBN 0-674-03314-0

Ligazóns externas editar