Caldeiron (Xograr)
Caldeiron foi un xograr do século XIII, compositor de cantigas en galego-portugués.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII |
Actividade | |
Ocupación | xograr |
Lingua | Lingua galego-portuguesa |
Biografía editar
Identifícaselle cun xograr tamborilero documentado na corte de Sancho IV nos anos 1293 e 1294. Estudosos como Carolina Michaelis propoñen que sería un xograr aragonés que chegou á corte de Don Dinís en 1282 ó 1297.[2] Xabier Ron Fernández localizou este nome nunha repartición de Valencia en torno ao ano 1240, con todo, a súa posición nos cancioneros situaríano próximo ao final do século XIII. O apelido Calderón tamén pertence a unha familia nobre Navarra documentada na repartición de Úbeda e Baeza de 1238, no entanto, existe consenso en que era un xograr e non un trobador, por tanto descártase esta hipótese.[1]
Obra editar
Consérvanse dúas cantigas de escarnio e maldicir.[3]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17.