Caldeira de condensación

Unha caldeira de condensación é un dispositivo de quecemento de auga para usos domésticos que recupera parte da calor que conteñen os gases produto da combustión no canto de cedelo á atmosfera. Os gases de saída teñen unha temperatura relativamente baixa, polo que o que se aproveita é a calor do vapor de auga, que ao condensarse cede enerxía nun cambiador de calor.