Caldas de Luna é unha vila pertencente ao municipio de Sena de Luna, na provincia de León e á comarca de Luna, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Segundo o INE do 2009, conta cunha poboación de 65 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaCaldas de Luna
Imaxe

Localización
Mapa
 42°55′59″N 5°52′02″O / 42.933055555556, -5.8672222222222Coordenadas: 42°55′59″N 5°52′02″O / 42.933055555556, -5.8672222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León
MunicipioSena de Luna Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24146 Editar o valor em Wikidata

Localización editar

Situado sobre o regato de Caldas, afluente do río Luna, Caldas de Luna está á beira da Cordilleira Cantábrica e é a última poboación da provincia de León cando se vai pola autoestrada AP-66 dirección Asturias, xusto antes de pasar o longo túnel do Negrón (4.100 metros).

O acceso pola autovía A-6 realízase dende Ponferrada, en dirección norte e séguese polo val formado polo río Sil ata chegar a Villablino. Unha vez en Villablino, continúase cara ao leste en dirección á comarca de Babia, ata chegar ao encoro de Barrios de Luna. Na cabeceira deste encoro atópase Caldas de Luna.

A comarca de Luna é a continuación natural da montaña que vén de Laciana e da Babia.

Xeografía editar

O regato de Caldas e o río Cacabillos cruzan o lugar de Caldas de Luna desembocando no encoro de Barrios de Luna, a 400 m dirección sur. Cando no verán baixa o nivel do encoro, o abrazo entre este e o río prodúcese dous ou tres quilómetros máis abaixo, onde se poden ver as ruínas dos antigos pobos de Oblanca, San Pedro, Casasola, Cosera e Miñera. É mais difícil que afloren as ruínas de Ventas de Mallo ou de La Canela, tamén afundidos baixo as augas do mesmo encoro.

A construción deste encoro, inaugurado no ano 1956, supuxo un cambio no modo de vida da zona, posto que asolagou terras dedicadas tradicionalmente ao pastoreo transhumante de ovellas. Tamén afectou a climatoloxía da contorna, facendo os veráns e os invernos máis cálidos.

Ata a entrada en servizo da autoestrada AP-66, a comunicación por estrada co lugar era difícil. Na actualidade, esta autoestrada pasa a escasos metros da localidade, xunto á entrada do túnel do Negrón, que dá acceso ao val de Pajares. Pasado outro pequeno túnel, sáese ao val de Huerna, dende onde xa é posíbel divisar o Mar Cantábrico.

Os terreos de Caldas de Luna limitan co Pico Cervanal (2081 m) ao norte, Cubillas de Arbas e Casares de Arbas ao leste, Aralla de Luna ao sur e La Vega de Robledo e Robledo de Caldas ao oeste.

Servizos editar

O lugar ten varios establecementos hostaleiros entre os que destaca un que ofrece comidas e aloxamento, ademais dunha casa de turismo rural e o Balneario de Caldas de Luna.

As propiedades medicinais das augas deste balneario foron utilizadas polos habitantes da bisbarra dende hai moito tempo. A primeiros do século XX construíuse o edificio do actual balneario, que toma o nome do pobo onde se sitúa. Estas augas son mineromedicinais e manan a unha temperatura de 28º dos mananciais de Fuencaliente, sendo augas clasificadas como bicarbonatadas, sulfatadas, cálcicas, silicatadas e magnésicas, indicadas para tratamentos traumatolóxicos, respiratorios, dixestivos, nerviosos, renais e da pel.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar