Caixa Catalunya (nome comercial da Caixa d'Estalvis de Catalunya) foi unha caixa de aforros de Cataluña fundada en 1926. Chegou a ser a quinta caixa de aforros de España, a segunda entidade financeira máis importante en Cataluña, e a primeira con respecto a entidades financeiras de propiedade parcialmente pública. En decembro de 2009 a entidade contaba con 1.155 oficinas, todas elas en España excepto unha situada en Perpiñán, Francia.[1]

Sede da Caixa d'Estalvis de Catalunya en Plaça Antoni Maura, Barcelona.

O 1 de xullo de 2010 fusionouse con Caixa Tarragona e Caixa Manresa, adoptando o nome de CatalunyaCaixa.[2]

O 30 de setembro de 2011, CatalunyaCaixa foi nacionalizada polo Estado a través do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB).[3]

Notas editar

  1. "Informe de xestión de Caixa Catalunya 2009" (PDF). 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2020. 
  2. "De Caixa Catalunya a CatalunyaCaixa". 2010. Consultado o 18 de marzo de 2011. 
  3. "El Estado toma el control de Unnim, NovacaixaGalicia y CatalunyaCaixa". www.elmundo.es. Consultado o 2020-01-17. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar