Caio Salt
Vista da illa
Datos
Capital Balfour Town
País Reino Unido
Localización Mar Caribe
Arquipélago Turks e Caicos
Linguas
Poboación (2001) 120 hab.
Superficie 6´74 km²
Densidade
Coordenadas 21°19′30″N 71°12′30″O / 21.32500, -71.20833
Maior Altura 14 m.
Localización
Localización da illa

Caio Sal (en inglés: Salt Cay) é a segunda maior illa das Illas Turcas, un dos dous grupos de illas que forman o territorio británico das illas Turks e Caicos no mar Caribe. O seu tamaño é de 6,7442 km². O tamaño do distrito, que tamén inclúe algunhas illas despoboadas como Caio algodón (1´1252 km²), e outras próximas é en total, de 9,1 km². A poboación é de 186 (est. 2006), todos na capital do distrito, Cidade Balfour na costa oeste.

Caio Salt é unha illa pequena, plana e triangular duns 3´2 km dun lado dedicada principalmente á explotación de salinas que no seu día albergou a centos de persoas dedicadas á produción de sal en lagoas e estanques costeiros de desecamento de salmoira.

Historia editar

Cando o conquistador español Juan Ponce de León chegou ás illas en 1512 algunhas estaban habitadas polos pobos arauacos. As illas quedaron deshabitadas como consecuencia das enfermidades traídas polos europeos.

Algúns escravos procedentes das Bermudas chegaron ás illas fuxindo da escravitude no século XVII e estableceron o que se convertería na principal forma de vida durante os seguintes 300 anos - a produción de sal. As illas foron sometidas á dominación colonial británica en 1766.

George Washington obtivo o sal necesario para conservar os alimentos para o seu exército durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos das Turks e Caicos, e de igual forma os canadenses e estadounidenses das frotas pesqueiras províanse de sal nas illas para as súas capturas.

Cara ás décadas de 1920 e 1930, unha combinación de incompetencia, os custos, a mala xestión e a falta dun porto de augas profundas fixeron que o sector do sal case desaparecese nas illas Turks e Caicos.

Existen ruínas de antigas salinas en Caio Salt. A illa é agora popular entre os turistas que buscan praias tranquilas e actividades como a observación de baleas, así como o mergullo e outros deportes acuáticos.