Caiman latirostris

Caiman latirostris é unha especie de réptil crocodiliano da subfamilia dos caimáns (Caimaninae) que vive na parte oriental e central de Suramérica, incluíndo o sueste do Brasil, norte da Arxentina, o Uruguai, Paraguai e Bolivia.[1] Encóntrase principalmente en pantanos de auga doce e mangleirais, xeralmente en augas quedas ou lentas.[2] A miúdo utiliza pozas para abeberar vacas feitas polo home.[3]

Caiman latirostris
Estado de conservación

Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Alligatoridae
Subfamilia: Caimaninae
Xénero: Caiman
Especie: Caiman latirostris
Daudin, 1801
Área de distribución de C. latirostris
Área de distribución de C. latirostris

Área de distribución de C. latirostris
Sinonimia

Características editar

Na natureza os adultos medran ata de 2 a 2,5 m de lonxitude, pero hai uns poucos informes de machos vellos que chegaban a 3,5 m.[2][4] Os adultos en catividade pesaron entre 29,2 e 62 kg.[5] A maioría son de cor verde oliváceo. Algúns individuos teñen manchas na face.[6] A característica física máis salientable é o seu amplo fociño, pola cal recibe o seu nome científico (latirostirs = fociño ancho).[3] O fociño está ben adaptado a arrasar a densa vexetación dos pantanos. Debido a isto, tragan parte da vexetación mentres procuran a súa comida.[7]

Bioloxía e comportamento editar

 
Caiman latirostris nas beiras dunhas poza en Bonito Mato Grosso do Sul, Brasil

Como a maioría dos saurópsidos, este caimán é ectotermo, xa que depende da calor externa ambiental para regular a súa temperatura corporal. Un estudo recente da contribución da frecuencia cardíaca á regulación da temperatura corporal dos caimáns mostrou que había un incremento da frecuencia cardíaca do animal a medida que a temperatura se elevaba, e un descenso cando a temperatura baixaba.[8] Absorben a calor do sol a través da pel, quentando o sangue para elevar a súa temperatura. Ao aumentar a frecuencia cardíaca facilítase que a calor que se acaba de absorber na zona da pel se transfira a todo o corpo máis rapidamente. Cando o aire é máis frío, baixa a frecuencia cardíaca.[8]

Predación e dieta editar

A súa dieta consiste principalmente en pequenos invertebrados, e pode romper as cunchas de caracois e tartarugas para comelos.[3] A medida que incrementa o seu tamaño, o tamaño das súas presas tamén aumenta. Todas as crías teñen unha dieta principalmente de insectos; pero cando medran aumenta o seu cosumo de aves, peixes e réptiles.[9] Os espécimes en catividade foron documentados e fotografados comendo froitos de Phylodendron bipinnatifidum sen estimulción externa, mais non está claro se isto é así porque estaban vivndo xunto con lagartos tegus ou é un comportamento natural.[10] Un estudo recente concluíu que osC.latirostris son omnívoros obrigados, e xogan un importante papel na dispersión de sementes de plantas nos seus hábitats.[11]

Reprodución editar

A femia pon de 18 a 50 ovos á vez, aínda que hai casos raros en que se observaron 129 ovos nun só niño, presumiblemente de varias postas.[2] Poñen os ovos en dúas capas, e hai unha lixeira diferenza de temperatura entre as dúas capas, o que ten como resultado o nacemento dunha proporción máis igualada de machos que de femias.[3] O caimán non ten cromosomas sexuais, senón que depende da temperatura para determinar a proporción de machos e femias na descenencia. Os ovos incubados a temperaturas maiores (32 °C ou máis) orixinan femias e os incubados a temperaturas menores (31 °C ou menos) dan lugar a machos.[12]

Conservación editar

A caza desta especie empezou na década de 1940. A súa pel é moi valorada pola súa textura suave. Ata que a maioría dos países prohibiu a súa caza, esta era a maior ameaza que sufría a especie. A prohibición axudou a que se recuperasen as poboacións.[2] A nova grande ameaza é a destrución do seu hábitat.[2] A deforestación e polución por escorrentías son as dúas causas principais da destrución do seu hábitat.[3]

É unha especie moi coñecida en lagoas de áreas urbanas da área de Barra da Tijuca e Recreio dos Bandeirantes, en Río de Xaneiro.

En 1990 estaba clasificada como en perigo pola IUCN, pero en 1996 pasou á clasificación de risco menor/menor preocupación.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Crocodile Specialist Group (1996). Caiman latirostris. 2006 Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. IUCN 2006. Consultado o 12 de maio de 2006.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Verdade,L.M. Alejandro,L. and Pina, C.I. "Broad-snouted Caiman Caiman latirostris". Animal Ecology Laboratory, Department of Biological Sciences.. 2010. pp. 18-22.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Britton, A. "Caiman latirostris (Daudin, 1801). Crocodilian Species List.http://www.flmnh.ufl.edu/cnhc/csp_clat.htm. 2009.
  4. [1]
  5. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2017. 
  6. Britton, A. "Caiman latirostris (Daudin, 1801). Crocodilian Species List.http://www.flmnh.ufl.edu/cnhc/csp_clat.htm. 2009
  7. Borteiro, C. Gutierrez, F. Tedros, M. and Kolenc, F. Food habits of the Broad-snouted Caiman (Caiman Latirostris:Crocodylia, Alligatoridae) in northwestern Uruguay. Studies on Neotropical Fauna and Environment. Vol. 44, No. 1, April 2009, 31-36.
  8. 8,0 8,1 Micheli, M.A. Campbell, H. A. Autonomic control of heart rate exhibits diurnal shifts in a crocodilian.Amphibia-Reptilia, Vol. 29 Issue 4, 2008. 567-571.
  9. Borteiro, C. Gutierrez, F. Tedros, M. and Kolenc, F. Food habits of the Broad-snouted Caiman (Caiman Latirostris:Crocodylia, Alligatoridae) in northwestern Uruguay. Studies on Neotropical Fauna and Environment. Vol. 44, No. 1, April 2009, 33-35.
  10. Brito et al. 2002. "Do caiman eat fruit?".http://www.rc.unesp.br/ib/zoologia/denis/Brito_et_al.pdf. 2002.
  11. Platt, S.G; Elsey, R.M; Liu, H. (2013). "Frugivory and seed dispersal by crocodilians: an overlooked form of saurochory?". Journal of Zoology 291. doi:10.1111/jzo.12052. 
  12. Lang, J.W. "Sex Determination."Crocodiles and Alligators. Ross, C.A. Garnett, S. Dr. Facts on File, New York. 1989. 120.