Caiga Quien Caiga

Caiga Quien Caiga é un programa televisivo orixinal da Arxentina cuxa versión española foi estreada por Telecinco en maio de 1996.

Estudio de Caiga Quien Caiga en Telefé (Arxentina)
Eduardo de la Puente, Nacho Goano, Mario Pergolini e Juan Di Natale en CQC Arxentina.

Trátase dun formato pensado para resumir as noticias e acontecementos máis destacados de cada semana mediante reportaxes realizadas en ton crítico e clave de humor. O seu signo máis característico son unhas lentes negras que levan sempre os reporteiros e cuxas que entregan ós personaxes famosos cos que se atopan na realización das reportaxes. Entre as numerosas caras populares que accederon a poñerse as lentes cabe salientar o Rei Xoán Carlos I.

Na primeira etapa (entre 1996 e 2002), Caiga Quien Caiga estaba conducido por El Gran Wyoming, Juanjo de la Iglesia e Javi Martín. Os reporteiros, ademais destes dous últimos con reportaxes esporádicas, eran Pablo Carbonell, Arturo Valls, Mario Caballero, Tonino Guitián e o galego Sergio Pazos.

O programa acadou unha grande fama, tanto entre o público coma entre a clase política española ata o punto de que José María Aznar, daquela presidente do goberno español, invitou ó equipo do programa a comer na Moncloa.

En 2002 Telecinco decidiu retirar o programa sen dar unha explicación clara do motivo e recuperándoo dous anos máis tarde cun equipo renovado no que so permanecía Arturo Valls, que pasaba de reporteiro a presentador en compañía de Manel Fuentes e Eduardo Aldán (que abandonou o programa sendo substituído por Juanra Bonet). Nesta ocasión (continúa en antena naactualidade) o equipo de reporteiros está composto por Christian Gálvez, Juanra Bonet, Toni Garrido e o galego Fernando González "Gonzo".